Saltar ao contido principal
Manual práctico de Renda 2021.

Fase 3ª: Determinación do rendemento neto reducido

Redución xeral por obtención de rendementos do traballo

Normativa Art. 20 Lei IRPF

Esta redución, que se aplica aos contribuíntes que obteñan uns rendementos netos do traballo inferiores a 16.825 euros, sempre que non teñan rendas, excluídas as exentas, distintas das do traballo  superior a 6.500 euros, minorará o rendemento neto do traballo nas seguintes contías:

(*) RNT = rendemento neto do traballo que será o resultado de minorar o rendemento íntegro cos gastos previstos nas letras a), b), c), d) e e) do artigo 19.2 da Lei do IRPF (Volver)
Rendemento neto positivoImporte da redución
13.115 euros ou menos  5.565 euros
Entre 13.115,1 e 16.825 euros  5.565- [1,5 x (RNT - 13.115)] (*)

O concepto de rendas, excluídas as exentas, distintas das do traballo inclúe a suma alxebraica dos rendementos netos (do capital mobiliario e inmobiliario, e de actividades económicas), de imputacións de rendas e das ganancias e perdas patrimoniais computadas no ano, sen aplicar as regras de integración e compensación. Agora ben, os rendementos deben computarse polo seu importe neto, isto é, unha vez deducidos os gastos, pero sen aplicación das reducións correspondentes.

No suposto de tributación conxunta de unidades familiares en que varios dos seus membros obteñan rendementos do traballo, o importe da redución determinarase en función da contía conxunta dos rendementos netos do traballo de todos os membros da unidade familiar e, se é o caso, das rendas distintas das do traballo, sen que proceda multiplicar o importe da redución resultante en función do número de membros da unidade familiar perceptor de rendementos do traballo.

Importante : como consecuencia da aplicación desta redución o saldo resultante non poderá ser negativo.