b) Utilización dos bens destinados aos servizos sociais e culturais do persoal empregado
Teñen esta consideración, entre outros, os espazos e locais, debidamente homologados pola Administración pública competente, destinados polas empresas ou empregadores a prestar o servizo de primeiro ciclo de educación infantil aos fillos dos seus traballadores, así como a contratación directa ou indirectamente deste servizo con terceiros debidamente autorizados.
Teñase en conta que, con efectos desde o 1 de xaneiro de 2018, increméntase a dedución por maternidade do artigo 81 da Lei do IRPF ata en 1.000 euros adicionais, cando o contribuínte que teña dereito á mesma satisfixese no período impositivo gastos de custodia do fillo menor de tres anos en gardarías ou centros de educación infantil autorizados. Porén, das cantidades satisfeitas por este concepto quedan excluídas as que tivesen a consideración de rendementos do traballo en especie exenta por aplicación do que se dispón nas letras b) ou d) do artigo 42.3 da Lei do IRPF.