Compensación para contratos de arrendamento anterior a 9 de maio de 1985
Normativa: Disposición transitoria terceira Lei IRPF
Na determinación dos rendementos do capital inmobiliario derivados de contratos de arrendamento celebrado con anterioridade ao 9 de maio de 1985, que non gocen do dereito á revisión de renda do contrato, incluirase adicionalmente como gasto deducible, mentres subsista esta situación e en concepto de compensación, a cantidade que corresponda á amortización do inmoble. Así pois, nestas situacións, poderá computarse dúas veces o gasto de amortización: unha vez como gasto fiscalmente deducible conforme ás regras de determinación do rendemento neto derivado de inmobles arrendados anteriormente comentadas, e outra vez, en concepto de compensación.