Clasificación segundo a súa orixe ou fonte
Normativa: Art. 25 Lei IRPF
Atendendo aos elementos patrimoniais dos que procedan, os rendementos do capital mobiliario clasifícanse, para os efectos do IRPF, nos catro grupos seguintes:
-
Rendementos obtidos pola participación nos fondos propios de calquera tipo de entidade.
-
Rendementos obtidos pola cesión a terceiros de capitais propias.
-
Rendementos procedentes de operacións de capitalización e de contratos de seguro de vida ou invalidez, agás cando deban tributar como rendementos do traballo, e de rendas derivadas da imposición de capitais.
Agora ben, tributan como rendementos do traballo as prestacións derivadas dos contratos de seguro concertado no marco da previsión social. Teñen esta consideración os seguintes:
- Contratos de seguros concertados con mutualidades de previsión social cuxas achegas puidesen ser, polo menos en parte, gasto deducible ou obxecto de redución na base impoñible.
- Plans de previsión social empresarial e seguros colectivos que instrumenten compromisos por pensións asumidas polas empresas, nos termos previstos na disposición adicional primeira do texto refundido da Lei de Regulación dos Plans e Fondos de Pensións, aprobado por Real decreto Lexislativo 1/2002, do 29 de novembro (BOE do 13 de decembro).
- Plans de previsión asegurada.
-
Seguros de dependencia conforme ao que se dispón na Lei 39/2006, do 14 de decembro, de Promoción da Autonomía persoal e Atención ás persoas en situación de dependencia (BOE do 15).
- Outros rendementos do capital mobiliario.