Saltar ao contido principal
Manual práctico de Renda 2021.

Método e modalidades de determinación do rendemento neto das actividades económicas

Normativa: Art. 16 Lei IRPF

Introdución

Os métodos de determinación do rendemento neto das actividades empresariais, mercantís ou non mercantís, e das profesionais son os seguintes:

  • Estimación directa, que admite dúas modalidades: normal e simplificada.

  • Estimación obxectiva, que se aplica como método voluntario a cada unha das actividades económicas, illadamente consideradas, que determine o ministro de Facenda.

Sen prexuízo do comentario detallado de cada un dos métodos e modalidades de determinación do rendemento neto nos Capítulos correspondentes do Manual, os cadros dos apartados seguintes recollen as notas máis significativas de cada un dos devanditos métodos e modalidades

Importante: o artigo 63 da Lei 11/2020, do 30 de decembro, de Orzamentos Xerais do Estado para o ano 2021 (BOE do 31) modificou a disposición transitoria trixésimo segunda da Lei do IRPF, prorrogando para o período impositivo 2021 os límites cuantitativos excluíntes fixados nos exercicios 2016 a 2020 para a aplicación de método de estimación obxectiva, con excepción das actividades agrícolas, gandeiras e forestais que teñen o seu propio límite cuantitativo por volume de ingresos.

  1. Cadros: Métodos e modalidades de determinación do rendemento neto de actividades económicas: estimación directa
  2. Cadros: Métodos e modalidades de determinación do rendemento neto de actividades económicas: estimación obxectiva