Saltar ao contido principal
Manual práctico de Renda 2021.

Regras para a aplicación dos índices correctores: orde de aplicación e incompatibilidades

Os índices correctores aplícanse na orde en que acaban de indicarse, que é a orde en que aparecen na declaración, sempre que non sexan incompatibles entre si, sobre o rendemento neto minorado ou, se é o caso, sobre o rectificado por aplicación dos mesmos.

As incompatibilidades entre os diferentes índices correctores son as seguintes:

  • O índice corrector para empresas de pequena dimensión non será aplicable ás actividades para as que estean previstos índices correctores especiais, a excepción do aplicable á actividade de comercio polo miúdo de prensa, revistas e libros en quioscos situados na vía pública (epígrafe IAE: 659.4).

  • Cando resulte aplicable o índice corrector para empresas de pequena dimensión non se aplicará o índice corrector de exceso.

  • Cando resulte aplicable o índice corrector de tempada non se aplicará o índice corrector por inicio de novas actividades.