4. Outras percepcións empresariais
Normativa: Véxase a norma común 3 do Anexo III da Orde HAC/1155/2020, do 25 de novembro (BOE do 4 de decembro).
O rendemento neto de módulos deberá incrementarse no importe correspondente a outras percepcións empresariais tales como as subvencións correntes e de capital.
Os criterios de imputación temporal das subvencións correntes e de capital coméntanse no Capítulo 7 deste Manual.
As prestacións percibidas da Seguridade Social por incapacidade temporal, risco durante o embarazo ou invalidez provisional, se é o caso, tributan como rendementos do traballo.
Covid 19 : as prestacións por cesamento de actividade con motivo da emerxencia sanitaria orixinada polo Covid-19 que a continuación relacionamos considéranse rendementos de traballo e non ingresos da actividade económica:
- Prestación extraordinaria de cesamento de actividade para os traballadores autónomos afectados por unha suspensión temporal de toda a actividade como consecuencia de resolución da autoridade competente como medida de contención da propagación do virus COVID-19.
- Prestación extraordinaria de cesamento de actividade para aqueles traballadores autónomos que non poidan causar dereito á prestación ordinaria de cesamento de actividade prevista no artigo 7 do Real Decreto-lei 2/2021, do 26 de xaneiro, de reforzo e consolidación de medidas sociais en defensa do emprego (BOE do 27) ou á prestación de cesamento de actividade regulada nos artigos 327 e seguintes do texto refundido da Lei Xeral da Seguridade Social, aprobado polo Real decreto Lexislativo 8/2015, do 30 de outubro.
- Prestación extraordinaria de cesamento de actividade para os traballadores de tempada.
- Prestación de cesamento de actividade compatible co traballo por conta propia regulada no artigo 7 do Real Decreto-lei 2/2021, do 26 de xaneiro, de reforzo e consolidación de medidas sociais en defensa do emprego (BOE do 27).
A razón é que a natureza destas prestacións considérase análoga á prestación económica por cesamento total, temporal ou definitivo, da actividade regulada na Lei 32/2010, do 5 de agosto, pola que se establece un sistema específico de protección por cesamento de actividade dos traballadores autónomos (BOE do 6).
A diferenza das anteriores, as axudas ou subvencións concedidas polas Comunidades Autónomas co obxectivo de favorecer o mantemento da actividade económica dos autónomos ante os efectos das medidas adoptadas para facer fronte á epidemia de COVID -19, en canto non teñen encaixe noutros conceptos do IRPF e o seu obxecto é compensar a diminución de ingresos obtidos na actividade económica, cualifícanse como rendementos de actividades económicas (subvencións correntes) e deben imputarse ao exercicio en que se conceden, non sendo que se optase polo criterio de cobramentos e pagamentos para a imputación temporal dos rendementos da actividade.