1. Redución xeral: 5 por 100
Normativa: Disposición adicional primeira da Orde HAC/1155/2020, do 25 de novembro (BOE do 4 de decembro)
A disposición adicional primeira da Orde HAC/1155/2020, do 25 de novembro (BOE do 4 de decembro), pola que se desenvolven para o ano 2021 o método de estimación obxectiva do IRPF e o réxime especial simplificado do Imposto sobre o Valor Engadido (BOE do 30), estableceu unha redución do rendemento neto de módulos do 5 por 100 aplicable con carácter xeral no exercicio 2021 a todos os contribuíntes que determinen o rendemento neto da súa actividade polo método de estimación obxectiva.