Mínimo persoal e familiar
Mínimo autonómico
A Sentenza do Tribunal Constitucional 186/2021, do 28 de outubro, recaída no recurso de inconstitucional 1200-2021, declarou a nulidade do artigo 88 da Lei do Parlamento de Cataluña 5/2020, do 29 de abril, de medidas fiscais, financeiras, administrativas e do sector público, e de creación do imposto sobre instalacións que inciden no medio natural, que fixaba unha contía de 6.105 euros anuais para o mínimo persoal aplicable no tramo autonómico do IRPF aos contribuíntes con residencia na Comunidade autonómica de Cataluña cuxa suma das bases liquidables xeral e do aforro, fose igual ou inferior a 12.450 euros, por considerar que excede os límites que para o exercicio autonómico desa competencia normativa atribúe o artigo 46 da Lei 22/2009.
Polo tanto, en 2021 non é aplicable o citado mínimo autonómico.