Regularización de situacións tributarias
Regularización mediante a presentación de autoliquidación complementaria: recargas aplicables
O artigo 13.3 da Lei 11/2021, do 9 de xullo, de medidas de prevención e loita contra a fraude fiscal (BOE do 10), con efectos desde o 11 de xullo de 2021 e por motivos de proporcionalidade e xustiza tributaria, modificou o sistema de recargas que fixaba o artigo 27.2 da Lei Xeral Tributaria pola presentación de declaración extemporánea sen requirimento previo, establecendo unha recarga do 1 por 100 máis outro 1 por 100 adicional por cada mes completo de atraso sen xuros de demora ata que transcorrese o período de doce meses de atraso.
A partir do día seguinte ao transcurso dos doce meses citados, ademais da aplicación dunha recarga do 15 por 100, comezará a devindicación de xuros de mora.
Non obstante, non se esixirán as recargas se o obrigado tributario regulariza, mediante a presentación dunha declaración ou autoliquidación correspondente a outros períodos do mesmo concepto impositivo, uns feitos ou circunstancias idénticas aos regularizados pola Administración, e concorren as circunstancias previstas no apartado 2 do artigo 27 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, Xeral Tributaria.