27. Prestacións e axudas familiares percibidas de calquera das Administracións públicas, xa sexan vinculadas a nacemento, adopción, acollemento ou coidado de fillos menores.
Normativa: Art. 7.z) Lei IRPF
Están exentas as prestacións e axudas familiares percibidas de calquera das Administracións Públicas, xa sexan vinculadas a nacemento, adopción, acollemento ou coidado de fillos menores.
As prestacións reguladas polo Real decreto 1148/2011, do 29 de xullo, para a aplicación e desenvolvemento, no sistema da Seguridade Social, da prestación económica por coidado de menores afectados por cancro ou outra enfermidade grave, considéranse rendas exentas.
Considérase tamén exenta a prestación económica por exercicio corresponsable do coidado do lactante que regulan os artigos 183 a 185 do texto refundido da Lei Xeral da Seguridade Social, aprobado polo Real decreto Lexislativo 8/2015, do 30 de outubro.
Para delimitar axeitadamente esta exención teñase en conta a exención que se prevé para as retribucións por maternidade ou paternidade e asimiladas e as familiares non contributivas no artigo 7.h) da Lei do IRPF.