Saltar ao contido principal
Manual práctico de Renda 2022.

3. Límite máximo e incompatibilidades das reducións xerais polo exercicio de determinadas actividades económicas

Límite máximo

• Como consecuencia da aplicación das reducións polo exercicio de determinadas  actividades económicas antes comentadas, previstas no artigo 32.2 da Lei do IRPF, o saldo resultante do   rendemento neto das actividades económicas non poderá ser negativo.

• No caso de tributación conxunta debe terse en conta o seguinte:

  1. A redución para traballadores autónomos economicamente dependentes ou con único  cliente non vinculado do artigo 32.2.1º da Lei de IRPF ten como límite a contía dos  rendementos netos das actividades económicas dos contribuíntes que xeren o dereito á  súa aplicación.

  2. A redución para contribuíntes con rendas non exentas inferiores a 12.000 euros ten  como límite o saldo da suma de rendementos netos de actividades económicas dos  membros da unidade familiar, de maneira que non poida ser negativo por aplicación da  redución.

    Ademais,  esta redución para contribuíntes con rendas non exentas inferiores a 12.000  euros conxuntamente coa redución por obtención de rendementos do traballo do artigo  20 da Lei do IRPF non poderá exceder de 3.700 euros.

Incompatibilidades

A redución para traballadores autónomos economicamente dependentes ou con único cliente  non vinculado e redución para contribuíntes con rendas non exentas inferiores a 12.000 euros  son incompatibles entre si.