Saltar ao contido principal
Manual práctico de Renda 2022.

Mínimo por discapacidade do contribuínte: contías aplicables

Contías aplicables

En función do grao de discapacidade do contribuínte, o mínimo poderá ser das seguintes contías:

  • 3.000 euros anuais cando sexa unha persoa cun grao de discapacidade igual ou superior ao 33 por 100 e inferior ao 65 por 100.

  • 9.000 euros anuais cando sexa unha persoa cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65 por 100.

Incremento en concepto de gastos de asistencia

O mínimo por discapacidade do contribuínte incrementarase, en concepto de gastos de asistencia, en 3.000 euros anuais cando acredite necesitar axuda de terceiras persoas ou mobilidade reducida, ou un grao de discapacidade igual ou superior ao 65 por 100.

En definitiva, o mínimo por discapacidade do contribuínte acadará as contías que se indican no cadro seguinte :

Grado de discapacidadeDiscapacidadeGastos asistenciaTotal
Igual ou superior ao 33 por 100 e inferior ao 65 por100 3.000 ---- 3.000
Igual ou superior ao 33 por 100 e inferior ao 65 por 100 e que acredite necesitar axuda de terceiras persoas ou mobilidade reducida 3.000 3.000 6.000
Igual ou superior ao 65 por 100 9.000 3.000 12.000