Saltar ao contido principal
Manual práctico de Renda 2022.

Tramo autonómico da dedución por investimento en vivenda habitual

Normativa: Art. 119 Lei 2/2014, do 27 de xaneiro, de medidas fiscais, administrativas, financeiras e do sector público, da Comunidade Autónoma de Cataluña

Para os contribuíntes aos que sexa aplicable o réxime transitorio da dedución por investimento en vivenda habitual que regula a disposición transitoria décimo oitava da Lei do IRPF, as porcentaxes no tramo autonómico para os residentes na Comunidade Autónoma de Cataluña son os establecidos polo artigo 1.2 da Lei 31/2002, do 30 de decembro, de medidas fiscais e administrativas, na redacción vixente o 31 de decembro de 2012:

  • O 7,5 por 100, con carácter xeral.

  • O 15 por 100, se se trata das obras de adecuación da vivenda habitual de persoas con discapacidade.

Así mesmo, será aplicable a estes contribuíntes a disposición transitoria sexta da Lei 7/2011, do 27 de xullo, de Medidas Fiscais e Financeiras, que mantén para os contribuíntes que adquiriron a súa vivenda habitual antes do   30 de xullo de 2011 ou ou satisfixeron cantidades para a construción da vivenda habitual antes da a devandita data (non inclúe a rehabilitación nin a ampliación da vivenda habitual)  a aplicación dunha porcentaxe incrementada do 9 por 100 cando se encontren nalgunha das situacións seguintes:

  1. Ter 32 ou menos anos de idade á data de devindicación do imposto (normalmente, o 31 de decembro).

  2. Estar no paro durante 183 días ou máis durante o exercicio.

  3. Ter un grao de discapacidade igual ou superior ao 65 por 100.

  4. Formar parte dunha unidade familiar que inclúa polo menos un fillo na data de devindicación do imposto.

Para poder gozar da porcentaxe do 9 por 100 de dedución, cómpre que a base impoñible total, menos o mínimo persoal e familiar, na declaración do IRPF do contribuínte correspondente ao exercicio en que se aplica a dedución non exceda de 30.000 euros.

No caso de tributación conxunta, este límite compútase de xeito individual para cada un dos contribuíntes que teña dereito á dedución por realizar investimentos na vivenda habitual durante o exercicio.