Para contribuíntes viúvos
Normativa: Art. 7 e 12 bis Texto Refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Extremadura en materia de tributos cedidos polo Estado, aprobado por Decreto Lexislativo 1/2018, do 10 de abril
Contía da dedución
-
100 euros, con carácter xeral, para contribuínte viúvo.
-
200 euros, se o contribuínte viúvo ten ao seu cargo un ou máis descendentes que, de conformidade co artigo 58 da Lei IRPF, computan para os efectos de aplicar o mínimo por descendentes.
A dedución de 200 euros poderá aplicarse sempre que algún dos descendentes dea dereito a aplicar o mínimo por descendentes e non perciba ningún tipo de renda.
Requisitos para a aplicación da dedución
-
Que a suma das bases impoñibles xerais e do aforro , recadros [0435] e [0460] da declaración, non supere as seguintes cantidades:
-
En xeral:
- 19.000 euros en tributación individual.
- 24.000 euros en tributación conxunta.
-
No suposto de que o contribuínte resida habitualmente en municipios e entidades locais menores cunha poboación inferior a 3.000 habitantes:
Atención: neste suposto, se o contribuínte pertence a unha familia numerosa, non existirá ningún límite.
As condicións necesarias para a consideración de familia numerosa e a súa clasificación por categorías determinaranse de acordo co que se establece na Lei 40/2003, do 18 de novembro, de Protección ás Familias Numerosas (BOE do 19 de novembro).
- 28.000 euros en tributación individual.
- 45.000 euros en tributación conxunta.
En caso de matrimonio, este límite de 45.000 euros aplicarase sempre que polo menos un do cónxuxes tivese a súa residencia habitual durante o período impositivo nalgún dos municipios ou entidades locais menores cunha poboación inferior a 3.000 habitantes.
A residencia habitual determinarase de acordo cos criterios definidos no artigo 9 da Lei do IRPF, pero circunscrito ao ámbito do municipio ou entidade local menor.
Pode consultar os municipios e entidades locais menores cunha poboación inferior a 3.000 habitantes na seguinte ligazón: "Municipios e entidades locais menores cunha poboación inferior a 3.000 habitantes".
-
-
Non terán dereito á aplicación desta dedución os contribuíntes que foren condenados, en virtude de sentenza firme, por delitos de violencia de xénero contra o cónxuxe falecido.
Incompatibilidade
Esta dedución é incompatible para o contribuínte en estado de viuvez coa aplicación da "dedución por traballo dependente".