Terminación do procedemento
O procedemento finalizará mediante resolución en que se acordará ou non a rectificación da autoliquidación.
No caso de que a solicitude sexa considerada procedente, o órgano competente da Administración tributaria practicará liquidación provisional rectificando a declaración presentada e devolverá, se é o caso, a cantidade indebidamente ingresada máis os xuros de mora correspondentes, conforme ao que se dispón nos artigos 221 e 32.2 da LGT e na súa normativa regulamentaria de desenvolvemento.
Con respecto á LGT véxase a Lei 58/2003, do 17 de decembro, Xeral Tributaria (BOE do 18 de decembro).
Especialidades no caso de solicitude de rectificación utilizando o modelo de declaración do IRPF
Non obstante, para os contribuíntes que soliciten a rectificación das súas autoliquidacións de IRPF presentadas utilizando o modelo de declaración establécense as seguintes especialidades para o caso de que a Administración tributaria, limitando as súas actuacións a contrastar a documentación presentada polo interesado cos datos e antecedentes que obren en poder daquela , acorde rectificar a autoliquidación nos termos solicitados polo contribuínte :
-
O acordo da Administración non impedirá a posterior comprobación do obxecto do procedemento.
-
Se o acordo dese lugar exclusivamente a unha devolución derivada da normativa do tributo e non procedese o aboamento de xuros de mora, entenderase notificado o devandito acordo pola recepción da transferencia bancaria, sen necesidade de que a Administración tributaria efectúe unha liquidación provisional.