Base liquidable
Reducións da base impoñible xeral
Reducións por achegas e contribucións a sistemas de previsión social
-
Achegas anuais máximas (agás para seguros colectivos de dependencia) e l ímite máximo conxunto de redución
Como consecuencia das modificacións que introduciu o artigo 59 da Lei 22/2021, do 28 de decembro, de Orzamentos Xerais do Estado para o ano 2022, nos límites de redución por achegas a sistemas de previsión social, o límite xeral pasa de 2000 a 1.500 euros, mentres que se eleva de 8.000 a 8.500 euros o incremento adicional do devandito límite e non só mediante a realización de contribucións empresariais, como xa aconteceu en 2021, senón tamén mediante achegas do traballador ao mesmo instrumento de previsión social sempre que estas achegas sexan de igual ou inferior importe á respectiva contribución empresarial.
Con esta finalidade, considéranse como achegas do traballador as cantidades achegadas pola empresa que deriven dunha decisión do traballador.
Por outra banda, a Lei 12/2022, do 30 de xuño, de regulación para o impulso dos plans de pensións de emprego, pola que se modifica o texto refundido da Lei de Regulación dos Plans e Fondos de Pensións, aprobado por Real decreto Lexislativo 1/2002, do 29 de novembro, aprobou o marco regulador dos produtos paneuropeos de pensións individuais.
-
Exceso de achegas realizadas e non reducidas nos exercicios anteriores
No referente á forma de aplicar os excesos de achegas e contribucións que non puidesen ser obxecto de redución en exercicios anteriores, para o exercicio 2022, como consecuencia dos novos límites aplicables ás reducións por achegas e contribucións empresariais, procedeuse a modificar o Regulamento do IRPF, coa intención de facilitar a aplicación dos excesos pendentes de redución e mitigar a súa complexidade. Para iso, elimínase a aplicación proporcional dos excesos entre achegas ou contribucións, e permítese a aplicación do límite máximo incrementado (1.500 + 8.500 euros) con independencia da procedencia das cantidades achegadas, entendendo que no ano en que se aboasen respectaron as achegas anuais máximas (artigo 51.6 e disposición adicional décimo sexta da Lei do IRPF ).
Por outra banda, os excesos correspondentes ás primas de seguros colectivos de dependencia imputaranse respectando os seus propios límites.
-
Dispoñibilidade anticipada de dereitos consolidados para contribuíntes afectados pola erupción volcánica da illa da Palma
Para que os afectados pola erupción volcánica da illa da Palma poidan atender as necesidades sobrevidas de liquidez, o artigo 11 do Real Decreto-lei 20/2021, do 5 de outubro, polo que se adoptan medidas urxentes de apoio para a reparación dos danos ocasionados polas erupcións volcánicas e para a reconstrución económica e social da illa da Palma (BOE do 6 de outubro), estableceu, con carácter excepcional e exclusivamente durante o período comprendido entre o 6 de outubro de 2021 e o 5 de xullo de 2022, a posibilidade de que os partícipes de plans de pensións, así como os asegurados dos plans de previsión asegurada e plans de previsión social empresarial e os mutualistas de mutualidades de previsión social poidan dispor anticipadamente en determinados supostos dos seus dereitos consolidados, fixando as condicións e un importe máximo de disposición.