Saltar ao contido principal
Manual práctico de Renda 2024. Tomo 2. Deducións autonómicas
Procesando...

Por investimento en vivenda habitual que teña a consideración de protexida

Normativa: Art. 6 Texto Refundido das disposicións legais do Principado de Asturias en materia de tributos cedidos polo Estado, aprobado por Decreto Lexislativo 2/2014, do 22 de outubro

Contía e límite máximo da dedución

  • O 100 por 100 do importe do gasto efectivo satisfeito durante o período impositivo  para a adquisición ou rehabilitación dunha vivenda habitual que teña a consideración de protexida conforme á normativa estatal ou autonómica na materia.

  • Límite máximo: 5.000 euros, tanto en tributación individual como en conxunta.

    Teñase en conta que as cantidades satisfeitas pola construción da vivenda poden ser tidas en conta para determinar a contía máxima da dedución.

Base da dedución

  • A base da dedución está constituída polas cantidades investidas durante o exercicio na adquisición ou rehabilitación da vivenda, incluíndose na mesma os importes destinados á amortización de préstamos hipotecarios.

    En caso de financiamento alleo, a dedución practicarase a medida que se vaia devolvendo o principal, desde que se cumpran todos os requisitos esixidos para a aplicación da dedución. 

    A normativa autonómica permite así mesmo considerar os intereses satisfeitos como gasto do período así como, en xeral, calquera tipo de gasto asociado á adquisición do inmoble.

Requisitos e outras condicións para a aplicación da dedución

  • Que a vivenda teña a cualificación de protexida conforme á normativa estatal ou autonómica na materia.

  • Cando dous ou máis contribuíntes teñan dereito á aplicación desta dedución respecto dos mesmos bens para un mesmo período impositivo, o importe máximo da dedución (5.000 euros) ratearase entre eles por partes iguais,  aplicandose o beneficio fiscal unicamente na declaración daqueles que cumpran as condicións establecidas para ser beneficiarios da mesma.

    Para aplicar o rateo débese ter en conta o número de contribuíntes con dereito á dedución que opten por aplicara e que o gasto efectivamente satisfeito por todos eles resulte superior ao importe máximo (5.000 euros). Noutro caso, o límite máximo da dedución para o contribuínte cuxo gasto resulte inferior fixarase na contía do citado gasto efectivo.

  • A acreditación documental dos gastos que xeren dereito a dedución deberá realizarse mediante factura ou calquera outro medio do tráfico xurídico ou económico admitido en Dereito.

Ámbito temporal de aplicación da dedución

No suposto en que o contribuínte careza de cota íntegra autonómica suficiente para aplicarse o total da dedución no período impositivo en que se leve a cabo o gasto na  adquisición ou rehabilitación, o importe non deducido poderá aplicarse nos tres períodos impositivos seguintes ata esgotar, se é o caso, o importe total da dedución respectando o límite máximo de 5.000 euros fixados para esta dedución.

A aplicación das cantidades pendentes de exercicios previos levarase a cabo despois de aplicar as deducións do exercicio ás que o contribuínte teña dereito.

Atención: deberá facerse constar no recadro [0808] do Anexo B.2 da declaración o importe xerado en 2024 e no recadro [0886] o importe que se aplica, pois tal e como se indicou se a cota íntegra autonómica non é suficiente para aplicarse o total da dedución,  poderá aplicarse nos tres períodos impositivos seguintes.