Saltar ao contido principal
Manual práctico de Renda 2024. Parte 1

c) Liberdade de amortización nos supostos contemplados no artigo 12.3 da Lei do Imposto sobre Sociedades

De acordo co que se establece no artigo 12.3 da LIS poderán amortizarse libremente: 

  • Os elementos do inmobilizado material e intanxible, excluídos os edificios, afectos ás  actividades de investigación e desenvolvemento. Os edificios poderán amortizarse de forma lineal durante un período de 10 anos, na parte que  se achen afectos ás actividades de investigación e desenvolvemento. 

  • Os gastos de investigación e desenvolvemento activado como inmobilizado intanxible, excluídas  as amortizacións dos elementos que gocen de liberdade de amortización.

  • Os elementos do inmobilizado material ou intanxible das entidades que teñan a  cualificación de explotacións asociativas prioritarias de acordo co que se dispón na Lei  19/1995, do 4 de xullo, de modernización das explotacións agrarias, adquiridos durante os  cinco primeiros anos a partir da data do seu recoñecemento como explotación prioritaria. 

  • Os elementos do inmobilizado material novo, cuxo valor unitario non exceda de 300  euros, ata o límite de 25.000 euros referidos ao período impositivo. Se o período impositivo  tivese unha duración inferior a un ano, o límite sinalado será o resultado de multiplicar 25.000  euros pola proporción existente entre a duración do período impositivo respecto do ano. As cantidades aplicadas á liberdade de amortización minorarán, a efectos fiscais, o valor dos  elementos amortizados.