Rendementos do capital inmobiliario
Reducións do rendemento neto
Redución por arrendamento de inmobles destinados a vivenda
A Lei 12/2023, do 24 de maio, polo dereito á vivenda (BOE do 25 de maio) modifica o artigo 23.2 da Lei do IRPF para estimular o alugamento de vivenda habitual a prezos accesibles, de xeito que, con efectos desde o 1 de xaneiro de 2024, aos contratos subscritos desde o 26 de maio de 2023 resúltanlles de aplicación as novas porcentaxes de redución, que son:
-
O 90 por 100, no caso de que se asinen novos contratos de arrendamento de vivenda en zonas de mercado residencial tensionado cunha redución de polo menos un 5 por 100 sobre o contrato anterior.
-
O 70 por 100 cando, non cumprindose os requisitos esixidos para a aplicación da redución do 90 por 100, concorra algunha das circuntancias seguintes: que se trate da incorporación ao mercado de vivendas destinadas ao alugamento en zonas de mercado residencial tensionado e alúguense a mozos de entre 18 e 35 anos nas devanditas áreas, ou ben, trátese de vivenda accesible incentivada ou protexida, arrendada á administración pública ou entidades do terceiro sector ou da economía social que teñan a condición de entidades sen fins lucrativos, ou acollida a algún programa público de vivenda que limite a renda do alugamento.
-
O 60 por 100 sobre o rendemento neto cando, non procedendo ningunha das anteriores, efectuásense obras de rehabilitación nos dous anos anteriores á data de celebración do contrato
-
E, o 50 por 100, en calquera outro caso.
Non obstante, para contratos anteriores introdúcese unha disposición transitoria trixésimo oitava que mantén para estes a redución do 60 por 100 prevista na redacción vixente a 31 de decembro de 2021.