Por nacemento ou adopción do primeiro e/ou segundo fillo en poboacións de menos de 10.000 habitantes
Normativa: Art. 110-16 Texto Refundido das disposicións ditadas pola Comunidade Autónoma de Aragón en materia de tributos cedidos, aprobado por Decreto Lexislativo 1/2005, do 26 de setembro
Contía da dedución
100 euros polo nacemento ou adopción, durante o exercicio, do primeiro fillo.
150 euros polo nacemento ou adopción, durante o exercicio, do segundo fillo.
200 e 300 euros, respectivamente, polo nacemento ou adopción do primeiro ou segundo fillo cando a cantidade resultante da suma da base impoñible xeral e a base impoñible do aforro, casas [0435] y [0460] da declaración, non sexa superior ás seguintes cantidades:
Requisitos e outras condicións para a aplicación da dedución
A dedución unicamente poderá aplicarse no período impositivo en que o devandito nacemento ou adopción se produza.
A dedución corresponderá ao contribuínte con quen convivan os fillos que dean dereito á dedución. Cando os fillos que dean dereito á dedución convivan con máis dun contribuínte, o importe da dedución ratearase por partes iguais.
A dedución só poderá aplicarse por aqueles contribuíntes que residisen no ano do nacemento e no anterior en municipios aragoneses cuxa poboación de dereito sexa inferior a 10.000 habitantes.
Pode consultar a relación de municipios aragoneses cuxa poboación de dereito sexa inferior a 10.000 habitantes no enlace indicado ao termo da presente sección.
Incompatibilidade
Esta dedución resulta incompatible coa aplicación da dedución autonómica "Por nacemento ou adopción dun fillo cun grao de minusvalidez igual ou superior ao 33 por 100".
Precisiones:
- A incompatibilidade está referida a un mesmo fillo, de tal forma que, se se aplica respecto a el a dedución en atención ao grao de minusvalidez dalgún dos fillos, non se podería aplicar esta dedución.
- Naqueles supostos nos que o contribuínte teña dereito a aplicar ambas as dúas deducións, pode optar pola que sexa máis favorable tendo en conta, non obstante, que en caso de declaración conxunta só cabe aplicar unha das deducións.