Saltar ao contido principal
Manual práctico de Renda 2025. Parte 2. Deducións autonómicas

Por contribuíntes desempregados

Normativa: Art. 16 bis Texto Refundido das disposicións legais vixentes ditadas pola Comunidade Autónoma das Canarias en materia de tributos cedidos, aprobado por Decreto-lexislativo 1/2009, do 21 de abril

Contía e requisitos para a aplicación da dedución

120 euros para os contribuíntes que perciban prestacións de desemprego.

Requisitos e outras condicións para a aplicación da dedución

  • Estar en situación de desemprego durante máis de seis meses do período impositivo.

    Importante: no suposto de tributación conxunta, poderán beneficiarse desta dedución cada un dos contribuíntes integrados na unidade familiar que se encontre na indicada situación de desemprego, aínda cando non teña a súa residencia habitual nas Illas Canarias.

  • A suma dos rendementos íntegros do traballo, recadros [0003], [0007], [0008], [0024], [0009] e [0010] da declaración, ten que ser no exercicio superior a 15.876 euros e igual ou inferior a 22.000 euros tanto en tributación individual coma en tributación conxunta.

  • A suma da base impoñible xeral e do aforro , excluída a parte correspondente aos rendementos do traballo, non poderá superar a cantidade de 1.600 euros.

    A devandita contía determinarase sumando os importes dos recadros [0435] e [0460] da declaración e restando do seu resultado o importe consignado no recadro [0025] do Apartado A correspondente a "Rendementos do Traballo ", da declaración.