Para contribuíntes maiores de 75 anos
Normativa: Arts. 6.1 e 13 Lei 8/2013, do 21 de novembro, da Comunidade Autónoma de Castela-A Mancha, de Medidas Tributarias
Contía da deduccións
150 euros para os contribuíntes maiores de 75 anos.
Requisitos comúns para esta dedución e a dedución "Polo coidado de ascendentes maiores de 75 anos"
Non procederá a aplicación destas deducións cando os maiores de 75 anos que xeren o dereito a estas, xa sexa o contribuínte ou o ascendente, residan durante máis de 30 días naturais do período impositivo en Centros Residenciais de Maiores da Xunta de Comunidades de Castela-A Mancha ou en prazas concertadas ou subvencionadas por esta noutros centros, a excepción das estanzas temporais derivadas de convalecencias debidamente acreditadas polo Servizo de Saúde de Castela-A Mancha.
Que a suma da base impoñible xeral e a do aforro do contribuínte, casas [0435] y [0460] da declaración, non supere:
Para a aplicación destas deducións teranse en conta as normas para a aplicación dos mínimos por contribuínte y por ascendentes contidas na Lei do IRPF.
Non obstante, no caso da dedución polo coidado de ascendente maior de 75 anos, cando dous ou máis contribuíntes teñan dereito á aplicación desta dedución respecto dos mesmos ascendentes e algún deles non cumpra o requisito anterior, o importe da dedución para os demais contribuíntes quedará reducido á proporción que resulte da aplicación das normas para o rateo do mínimo por ascendentes.
Incompatibilidade
As deducións "Para contribuíntes maiores de 75 anos" e "Polo coidado de ascendentes maiores de 75 anos" resultan incompatibles, respectivamente, coa aplicación das deducións autonómicas "Por minusvalidez do contribuínte" e "Por minusvalidez de ascendentes", respecto de a mesma persoa maior de 75 anos.
Nos supostos nos que a persoa maior de 75 anos teña un grao de minusvalidez acreditado igual ou superior ao 65 por 100, aplicaranse as deducións "Por minusvalidez do contribuínte" ou "Por minusvalidez de ascendente" que, na súa calidade de contribuínte ou de ascendente do contribuínte, respectivamente, lle corresponda.