Saltar ao contido principal
Manual práctico de Renda 2025. Parte 2. Deducións autonómicas

Por gastos derivados de controis veterinarios e vacinación pola tenza de cans de asistencia

Normativa: Arts. 12 nonies e 13 Lei 8/2013, do 21 de novembro, da Comunidade Autónoma de Castela-A Mancha, de Medidas Tributarias

Contía e límite máximo da dedución

  • O 30 por 100 das cantidades satisfeitas no período impositivo e n concepto de gastos veterinarios e vacinación derivada da tenza de cans de asistencia.

    Terán a consideración de gastos deducibles os relativos a vacinacións, desparasitación, esterilización e demais tratamentos que resulten obrigatorios conforme á normativa específica aplicable aos cans de asistencia.

    Entenderase por can de asistencia, o que tras superar un proceso de selección xenética e sanitaria finalizou o seu adestramento nunha entidade especializada e oficialmente recoñecida ou homologada na comunidade autónoma, coa adquisición das aptitudes necesarias para dar servizo e asistencia a persoas con discapacidade ou que padecen algunha das enfermidades indicadas no apartado seguinte.

    Os perrros de asistencia clasifícanse nos seguintes tipos:

    1. Can guía: o can adestrado para guiar unha persoa con discapacidade visual, xa sexa total ou parcial, ou cunha discapacidade auditiva engadida.

    2. Can de sinalización de sons: o can adestrado para avisar as persoas con discapacidade auditiva da emisión de sons e da súa procedencia.

    3. Can de servizo: o can adestrado para prestar axuda e asistencia ás persoas con discapacidade física nas actividades da vida diaria, tanto no medio privado coma no externo.

    4. Can de aviso: o can adestrado para dar unha alerta médica a persoas que padecen crises recorrentes con desconexión sensorial derivadas dunha enfermidade específica como a diabete, a epilepsia ou outra enfermidade orgánica regulamentariamente recoñecida.

    5. Can para persoas con trastorno do espectro autista: o can adestrado para coidar da integridade física dunha persoa con trastorno do espectro autista, guiara e controlar as situacións de emerxencia que poida sufrir.

    Non terán tal consideración :

    1. Os cans utilizados en actividades de terapia asistida con animais, aínda cando as persoas destinatarias sexan persoas con discapacidade.

    2. Os cans utilizados en proxectos de atención ou tratamento a persoas vítimas de violencia de xénero ou doutros delitos, persoas en situación de risco ou exclusión social ou persoas maiores.

    3. Os cans destinados a prestar unha función de apoio emocional a persoas afectadas por trastornos da personalidade ou con enfermidades mentais.

    4. Calquera outros animais distintos dos da especie canina, á marxe da súa finalidade.

  • Establécese un límite máximo de 100 euros anuais por contribuínte.

Ámbito temporal de aplicación da dedución

A dedución resultará aplicable durante todo o período de tenza do animal por parte do contribuínte.

Requisitos para a aplicación da dedución

  • Que se recoñecese a unidade de vinculación entre o suxeito pasivo e o can de asistencia,  por parte da consellaría competente en materia de benestar social, conforme á Lei 5/2018, do 21 de decembro, de acceso ao medio das persoas con discapacidade acompañada de cans de asistencia (BOE, 08-02-2019) ou por outra comunidade autónoma.

  • Que os gastos estean debidamente xustificados mediante factura expedida por profesional ou centro veterinario legalmente autorizado.

  • Que os gastos fosen efectivameante satisfeitos polo contribuínte.

  • Que os gastos non fosen subvencionados por entidades públicas ou privadas.

  • Que a suma da base impoñible xeral e a do aforro do contribuínte, recadros [0435] e [0460] da declaración,  non supere :

    • - 27.000 euros en tributación individual.

    • - 36.000 euros en tributación conxunta.

Importante : unha vez introducida polos contribuíntes con dereito á dedución a información necesaria para o seu cálculo, o seu importe aparecerá recollido no recadro [0969] do Anexo B.4 da declaración, "Outras deducións".