Por nacemento ou adopción de fillos
Normativa: Arts. 1 e 13 Lei 8/2013, do 21 de novembro, da Comunidade Autónoma de Castela-A Mancha, de Medidas Tributarias
Contía da dedución
Por cada fillo nacido ou adoptado no período impositivo, que xere o dereito á aplicación do mínimo por descendentes, as seguintes cantidades:
100 euros no caso de partos ou adopcións de un fillo.
500 euros no caso de partos ou adopcións de dous fillos.
900 euros no caso de partos ou adopcións de tres ou máis fillos.
O que xera o dereito a cada unha destas deducións é o número de fillos en cada parto e non o número de nacementos durante o exercicio, de modo que, a título de exemplo, se no ano se produce máis dun parto corresponderá unha dedución de 100 euros por cada un se é dun só fillo e se se produce un só parto de dous fillos unha dedución de 500 euros.
Requisitos e outras condicións para a aplicación da dedución
Que a suma da base impoñible xeral e a do aforro, casas [0435] y [0460] do contribuínte, non supere:
Para a aplicación desta dedución teranse en conta as normas para a aplicación do mínimo por descendentes, contidas na Lei do IRPF.
Non obstante, cando dous ou máis contribuíntes teñan dereito á aplicación desta dedución respecto dos mesmos descendentes e algún deles non cumpra o requisito anterior, o importe da dedución para os demais contribuíntes quedará reducido á proporción que resulte da aplicación das normas para o rateo do mínimo por descendentes.