Para contribuíntes que quedasen viúvos nos exercicios 2023, 2024 e 2025
Normativa: Art. 612-2 Decreto Lexislativo 1/2024, do 12 de marzo, polo que se aproba o libro sexto do Código tributario de Catalunya, que integra o texto refundido dos preceptos legais vixentes en Catalunya en materia de tributos cedidos
Contía da dedución
150 euros, con carácter xeral cando o contribuínte quede viúvo.
300 euros, se a persoa que queda viúva ten ao seu cargo un ou máis descendentes que outorguen dereito á aplicación do mínimo por descendentes.
Ámbito de aplicación temporal da dedución
A dedución aplícase na declaración correspondente ao exercicio no que o contribuínte quedase viúvo e aos dous exercicios seguintes. Non obstante o anterior, a dedución de 300 euros aplicarase nos dous exercicios seguintes sempre que os descendentes manteñan os requisitos para computar para os efectos do mínimo por descendentes.
Os contribuíntes que quedasen viúvos durante os exercicios 2023 e 2024 poden aplicar esta dedución cos mesmos requisitos e condicións anteriormente comentados na declaración do exercicio 2025.
De igual forma, os que quedasen viúvos no exercicio 2025, poderán tamén aplicala nas declaracións dos exercicios 2026 e 2027.
Importante: os contribuíntes con dereito á dedución deberán consignar na casa [1936] do Anexo B.5 da declaración o ano de viuvez.