Por aluguer da vivenda habitual
Normativa: Art. 5.Siete Texto Refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de tributos cedidos polo Estado, aprobado por Decreto Lexislativo 1/2011, do 28 de xullo
Contías e límites máximos da dedución
O 10 por 100 das cantidades satisfeitas durante o período impositivo en concepto de aluguer da vivenda habitual.
Límite máximo da dedución: 300 euros por contrato e ano, tanto en tributación individual coma en conxunta.
Se se teñen dous ou máis fillos menores de idade, a porcentaxe anterior de dedución elévase ao 20 por 100, cun límite máximo da dedución de 600 euros por contrato e ano, tanto en tributación individual coma en conxunta.
As contías fixadas para esta dedución duplicaranse en caso de que o arrendatario teña recoñecido un grao de minusvalidez igual ou superior ao 33 por 100.
De acordo co artigo 3. Tres do Texto Refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de tributos cedidos polo Estado o grao de minusvalidez haberá de acreditarse mediante certificado ou resolución expedida polo órgano competente. En particular, considerarase acreditado un grao de minusvalidez igual ou superior ao 33 por 100 no caso dos pensionistas da Seguridade Social que teñan recoñecida unha pensión de incapacidade permanente total, absoluta ou grande invalidez e no caso dos pensionistas de clases pasivas que teñan recoñecida unha pensión de xubilación ou retiro por incapacidade permanente para o servizo ou inutilidade.
Igualmente, considerarase acreditado un grao de minusvalidez igual ou superior ao 65 por 100 cando se trate de persoas cuxa incapacidade sexa declarada xudicialmente, aínda que non alcance o devandito grao, así como nos casos de dependencia severa e gran dependencia, sempre que estas últimas situacións fosen recoñecidas polo órgano competente, de acordo co establecido no artigo 28 da Lei 39/2006, do 14 de decembro, de promoción da autonomía persoal e atención ás persoas en situación de dependencia.
Téñase en conta que, a partir da entrada en vigor da Lei 8/2021 de reforma do Código Civil, as referencias realizadas á incapacitación xudicial, se estenden ás resolucións xudiciais nas que se establece a curadoría representativa das persoas con minusvalidez.
Requisitos e outras condicións para a aplicación da dedución
Que a idade do contribuínte sexa igual ou inferior a 35 anos na data de devengo do imposto (normalmente, o 31 de decembro). En caso de tributación conxunta, deberá cumprir este requisito polo menos un dos cónxuxes ou, no seu caso, o pai ou a madre.
Que a data do contrato de arrendamento sexa posterior a 1 de xaneiro de 2003.
Que constituíse o depósito da fianza a que se refire o artigo 36.1 da Lei 29/1994, de arrendamentos urbanos, no Instituto Galego da Vivenda e Chan, ou ben posúa copia compulsada da denuncia presentada ante o devandito organismo por non lle entregar o devandito xustificante a persoa arrendadora.
O contribuínte deberá acreditar, se é obxecto de comprobación, que a fianza foi depositada ou a denuncia foi presentada antes da presentación da autoliquidación ou do fin do prazo voluntario de presentación.
Que a suma das bases impoñibles xeral e do aforro, casas [0435] y [0460] da declaración, non supere o importe de 22.000 euros, tanto en tributación individual coma en conxunta.
Cando dous contribuíntes teñan dereito a esta dedución, o importe total desta, sen exceder do límite establecido por contrato de arrendamento, ratearase por partes iguais na declaración de cada un deles.
Tratándose de matrimonios en réxime de gananciais, a dedución corresponderá aos cónxuxes por partes iguais, aínda que o contrato estea só a nome dun deles.
Importante: unha vez introducida polos contribuíntes con dereito á dedución a información necesaria para o seu cálculo, será automaticamente trasladada ao apartado "Información adicional á dedución autonómica por arrendamento de Andalucía, Principado de Asturias, Illes Balears, Canarias, Cantabria, Castela-A Mancha, Castela e León, Cataluña, Extremadura, Galicia, Madrid, Rexión de Murcia, La Rioja e Comunitat Valenciana" do Anexo B.11 da declaración.