Polo arrendamento de vivendas baleiras
Normativa: Art. 5.Vinte e tres Texto Refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de tributos cedidos polo Estado, aprobado por Decreto Lexislativo 1/2011, do 28 de xullo
Contía da dedución
500 euros por cada un dos bens inmobles destinados ao arrendamento de vivenda.
Ámbito temporal de aplicación da dedución
A dedución resulta aplicable no primeiro período impositivo en que se poña a vivenda en arrendamento.
Requisitos e outras condicións para a aplicación da dedución
-
A dedución resulta aplicable a inmobles radicados en Galicia en que se constitúa o arrendamento de vivenda previsto no artigo 2 da Lei 29/1994, do 24 de novembro, de Arrendamentos Urbanos.
-
Os bens inmobles deberán levar baleiros durante, polo menos, un ano anterior á formalización do contrato de arrendamento.
O prazo mínimo dun ano en que o inmoble debe estar baleiro computarase de data a data, sen prexuízo de que durante unha parte do período impositivo anterior o inmoble non tivese a consideración de vivenda baleira.
Entenderase que un inmoble se encontra baleiro cando non estea habitada, arrendada, en uso, nin afecto a actividades económicas.
-
O contrato de arrendamento deberá ter unha duración efectiva de polo menos tres anos.
Enténdese cumprido este requisito cando a duración inicial establecida no contrato de arrendamento fose por un prazo inferior ao prazo mínimo de duración de tres anos (ou non se estipulase prazo de duración ou este fose indeterminado) e co sistema de prórrogas anuais obrigatorias acádese o mínimo de tres anos de duración.
Non obstante, non se perderá o dereito á dedución no caso de que o contrato de arrendamento teña unha duración inferior a tres anos cando o devandito inmoble pase a estar en situación de expectativa de alugamento e volva ser obxecto dun novo contrato de arrendamento de vivenda dentro do prazo de seis meses desde a finalización do anterior contrato, sempre que a suma dos períodos de duración de ambos os dous contratos de arrendamento sexa igual ou superior a tres anos.
-
O arrendatario da vivenda non poderá ser o cónxuxe nin un parente, por consanguinidade ou por afinidade, ata o terceiro grao inclusive, do contribuínte.
-
O prezo mensual do alugamento da vivenda , incluídos os seus anexos, non poderá superar os 700 euros.
O prezo mensual do alugamento fai referencia á renda mensual pactada inicialmente no contrato entre o contribuínte e o inquilino, sen ter en conta as actualizacións anuais previstas nas cláusulas do mesmo.
-
Só poderán aplicar esta dedución os contribuíntes que sexan propietarios ou usufrutuarios dun máximo de tres vivendas, con independencia de onde estean estas radicadas, que poidan ser destinadas ao arrendamento, excluídos garaxes e rochos e sen ter en conta a súa vivenda habitual.
Precisións :
- Atenderase a que o inmoble teña a condición de vivenda e con independencia da porcentaxe de participación do contribuínte propietario ou usufrutuario.
- En tributación conxunta o cómputo do número máximo de vivendas debe realizarse por contribuínte.
-
O importe da dedución ratearase en función da porcentaxe de participación na plena propiedade ou no usufruto do inmoble .
Saldos pendentes de aplicación
A aplicación da dedución non poderá dar como resultado unha cota autonómica negativa.
A devandita aplicación terá lugar, sempre que exista cota íntegra autonómica suficiente, unha vez practicada a parte autonómica das deducións estatais e o resto das deducións autonómicas do exercicio.
Se, como consecuencia diso , o contribuínte non puidese aplicar a dedución na súa totalidade, podrá deducirse a cantidade non deducida nos catro exercicios seguintes ata o seu esgotamento, sempre que a vivenda continúe arrendada durante ese período cos mesmos requisitos citados con anterioridade, a excepción do relativo a que deberán estar baleiros durante, polo menos, un ano anterior á formalización do contrato de arrendamento.
No caso de que o contribuínte teña dereito, no mesmo período impositivo, á presente dedución e á dedución "Por gastos derivados da adecuación dun inmuble baleiro con destino ao arrendamento como vivenda", aplicarase en primeiro lugar aquela cuxo importe sexa inferior e a continuación o restante ata acadar o total da cota íntegra autonómica.
Importante : unha vez introducida polos contribuíntes con dereito á dedución a información necesaria para o seu cálculo, será automaticamente trasladada ao apartado "Información adicional á dedución autonómica das Canarias pola posta de vivendas no mercado de arrendamento de vivendas habituais, de Cantabria polo arrendamento de vivendas baleiras, de Extremadura para arrendadores de vivendas baleiras, de Galicia polo arrendamento de vivendas baleiras e Madrid polo arrendamento de vivendas baleiras" do Anexo B.13 da declaración.