Polas axudas e subvencións recibidas polos deportistas de alto nivel de Galicia
Normativa: Art. 5.Diecinueve Texto Refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de tributos cedidos polo Estado, aprobado por Decreto Lexislativo 1/2011, do 28 de xullo
Contía da dedución
O importe da dedución será o resultado de aplicar os tipos medios de gravame ao importe da subvención ou axuda pública na base liquidable.
Para iso o contribuínte debe integrar na súa base impoñible xeneral, casa [0435], o importe correspondente á subvención ou axuda pública obtida da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia ou das restantes entidades do sector público autonómico.
Requisitos para a aplicación da dedución
Que se trate dunha subvención ou calquera outra axuda pública obtida da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia ou das restantes entidades do sector público autonómico para o desenvolvemento da actividade deportiva.
Que a actividade deportiva pola que se obtén a subvención ou axuda pública non xere rendementos de actividades económicas.
O contribuínte ha de ter recoñecida a condición de deportista de alto nivel segundo resolución do órgano superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma con competencias en materia de deporte.