Saltar ao contido principal
Manual práctico de Renda 2025. Parte 2. Deducións autonómicas

Polas axudas e subvencións recibidas por persoas con diagnóstico de esclerose lateral amiotrófica ou con seus fenotipos

Normativa: Art. 5.Vinte e catro Texto Refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de tributos cedidos polo Estado, aprobado por Decreto Lexislativo 1/2011, do 28 de xullo

Contía e requisitos para a aplicación da dedución

  • O importe desta dedución será o resultado de aplicar os tipos medios de gravame ao importe da subvención ou axuda pública que se integre na base liquidable.

  • A dedución poderase aplicar polos contribuíntes que integren na base impoñible xeral do período o importe correspondente a unha subvención ou calquera outra axuda pública destinada a persoas con diagnóstico de esclerose lateral amiotrófica ou con seus fenotipos.