Por contribuíntes con minusvalidez, de idade igual ou superior a 65 anos, que precisen axuda de terceiras persoas
Normativa: Art. 5.Seis Texto Refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de tributos cedidos polo Estado, aprobado por Decreto Lexislativo 1/2011, do 28 de xullo
Contía e límite máximo da dedución
O 10 por 100 das cantidades satisfeitas a terceiros polos contribuíntes de idade igual ou superior a 65 anos afectados por un grao de minusvalidez igual ou superior ao 65 por 100 e que precisen axuda de terceiras persoas.
Considerarase acreditado un grao de minusvalidez igual ou superior ao 65 por 100 cando se trate de persoas cuxa incapacidade sexa declarada xudicialmente, aínda que non alcance o devandito grao, así como nos casos de dependencia severa e gran dependencia, sempre que estas últimas situacións fosen recoñecidas polo órgano competente, de acordo co establecido no artigo 28 da Lei 39/2006, do 14 de decembro, de promoción da autonomía persoal e atención ás persoas en situación de dependencia.
De acordo co artigo 3. Tres do Texto Refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de tributos cedidos polo Estado o grao de minusvalidez haberá de acreditarse mediante certificado ou resolución expedida polo órgano competente. En particular, considerarase acreditado un grao de minusvalidez igual ou superior ao 33 por 100 no caso dos pensionistas da Seguridade Social que teñan recoñecida unha pensión de incapacidade permanente total, absoluta ou grande invalidez e no caso dos pensionistas de clases pasivas que teñan recoñecida unha pensión de xubilación ou retiro por incapacidade permanente para o servizo ou inutilidade.
Igualmente, considerarase acreditado un grao de minusvalidez igual ou superior ao 65 por 100 cando se trate de persoas cuxa incapacidade sexa declarada xudicialmente, aínda que non alcance o devandito grao, así como nos casos de dependencia severa e gran dependencia, sempre que estas últimas situacións fosen recoñecidas polo órgano competente, de acordo co establecido no artigo 28 da Lei 39/2006, do 14 de decembro, de promoción da autonomía persoal e atención ás persoas en situación de dependencia.
Téñase en conta que, a partir da entrada en vigor da Lei 8/2021 de reforma do Código Civil, as referencias realizadas á incapacitación xudicial, se estenden ás resolucións xudiciais nas que se establece a curadoría representativa das persoas con minusvalidez.
O límite máximo da dedución é de 600 euros.
Requisitos para a aplicación da dedución
Que a suma das bases impoñibles xeral e do aforro minorada no importe dos mínimos persoal e familiar, suma das casas [0435] y [0460] da declaración menos o importe da casa [0520] da declaración, non exceda de:
Que acredite a necesidade de axuda de terceiras persoas.
Que o contribuínte non sexa usuario de residencias públicas ou concertadas da Comunidade Autónoma de Galicia.