Saltar ao contido principal
Manual práctico de Renda 2025. Parte 2. Deducións autonómicas

Por familia numerosa

Normativa: Art. 5.Tres.2 Texto Refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de tributos cedidos polo Estado, aprobado por Decreto Lexislativo 1/2011, do 28 de xullo

Contía da dedución

O contribuínte que posúa o título de familia numerosa á data de devengo do IRPF poderá deducir da cota íntegra autonómica as cantidades seguintes:

  1. En xeral:

    • - 250 euros, en caso de que se trate de familias de ata dous fillos/ás.

    • - 400 euros, en caso de que se trate de familias de ata dous fillos/ás que gocen do título de categoría especial.

    • - Incremento adicional de 250 euros por cada fillo/ja no resto dos casos (familias numerosas con máis de dous fillos/ás).

  2. Contribuínte ou descendentes con minusvalidez igual ou superior ao 65 por 100:

    Cando o contribuínte ou algún dos descendentes que dean dereito a aplicar esta dedución teña o grao de minusvalidez citado, a dedución anterior se duplicará. Polo tanto:

    • - 500 euros, en caso de que se trate de familias de ata dous fillos/ás.

    • - 800 euros, en caso de que se trate de familias de ata dous fillos/ás que gocen do título de categoría especial.

    • - Incremento adicional de 500 euros por cada fillo/a no resto dos casos.

    Quen aplica o incremento:

    - En tributación individual o incremento só poderá aplicalo o contribuínte que teña recoñecido o grao de minusvalidez indicado sobre a contía que lle corresponda.

    - O incremento que corresponda en tributación individual ao contribuínte con minusvalidez, aplicarase en idéntica contía na tributación conxunta.

Precisión: de acordo co artigo 3. Tres do Texto Refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de tributos cedidos polo Estado o grao de minusvalidez haberá de acreditarse mediante certificado ou resolución expedida polo órgano competente. En particular, considerarase acreditado un grao de minusvalidez igual ou superior ao 33 por 100 no caso dos pensionistas da Seguridade Social que teñan recoñecida unha pensión de incapacidade permanente total, absoluta ou grande invalidez e no caso dos pensionistas de clases pasivas que teñan recoñecida unha pensión de xubilación ou retiro por incapacidade permanente para o servizo ou inutilidade.

Igualmente, considerarase acreditado un grao de minusvalidez igual ou superior ao 65 por 100 cando se trate de persoas cuxa incapacidade sexa declarada xudicialmente, aínda que non alcance o devandito grao, así como nos casos de dependencia severa e gran dependencia, sempre que estas últimas situacións fosen recoñecidas polo órgano competente, de acordo co establecido no artigo 28 da Lei 39/2006, do 14 de decembro, de promoción da autonomía persoal e atención ás persoas en situación de dependencia.

Téñase en conta que, a partir da entrada en vigor da Lei 8/2021 de reforma do Código Civil, as referencias realizadas á incapacitación xudicial, se estenden ás resolucións xudiciais nas que se establece a curadoría representativa das persoas con minusvalidez.

Requisitos e outras condicións

  • O concepto de familia numerosa e a súa clasificación por categorías contéñense na Lei 40/2003, do 18 de novembro, de protección ás familias numerosas (BOE do 19 de novembro).

    O contribuínte debe posuír o título de familia numerosa na data de devengo do imposto (normalmente, o 31 de decembro).

  • Cando máis dun contribuínte teña dereito á aplicación da dedución respecto dos mesmos descendentes, o seu importe será rateado entre eles por partes iguais.

Incompatibilidade

A presente dedución resulta incompatible coa aplicación da dedución autonómica “Para familias con dous fillos e fillas”.