Para familias con dous fillos e fillas
Normativa: Art. 5.Tres.1 Texto Refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de tributos cedidos polo Estado, aprobado por Decreto Lexislativo 1/2011, do 28 de xullo.
Contía e requisitos para a aplicación da dedución
250 euros, para os contribuíntes que, á data de devengo do IRPF, teñan dous fillos que xeren ao seu favor o dereito á aplicación do correspondente mínimo por descendentes establecido pola normativa reguladora do IRPF.
A presente dedución está pensada para familias con dous fillos que xeren o dereito ao correspondente mínimo por descendentes, polo tanto só é aplicable en caso de fillos.
500 euros, cando o contribuínte ou algún dos fillos que dean dereito a aplicar esta dedución teña un grao de minusvalidez igual ou superior ao 65 por 100.
De acordo co artigo 3. Tres do Texto Refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de tributos cedidos polo Estado, o grao de minusvalidez haberá de acreditarse mediante certificado ou resolución expedida polo órgano competente. En particular, considerarase acreditado un grao de minusvalidez igual ou superior ao 33 por 100 no caso dos pensionistas da Seguridade Social que teñan recoñecida unha pensión de incapacidade permanente total, absoluta ou grande invalidez e no caso dos pensionistas de clases pasivas que teñan recoñecida unha pensión de xubilación ou retiro por incapacidade permanente para o servizo ou inutilidade.
Igualmente, considerarase acreditado un grao de minusvalidez igual ou superior ao 65 por 100 cando se trate de persoas cuxa incapacidade sexa declarada xudicialmente, aínda que non alcance o devandito grao, así como nos casos de dependencia severa e gran dependencia, sempre que estas últimas situacións fosen recoñecidas polo órgano competente, de acordo co establecido no artigo 28 da Lei 39/2006, do 14 de decembro, de promoción da autonomía persoal e atención ás persoas en situación de dependencia.
Téñase en conta que, a partir da entrada en vigor da Lei 8/2021 de reforma do Código Civil, as referencias realizadas á incapacitación xudicial, se estenden ás resolucións xudiciais nas que se establece a curadoría representativa das persoas con minusvalidez.
Cando máis dun contribuínte teña dereito á aplicación da dedución respecto dos mesmos descendentes, o seu importe será rateado entre eles por partes iguais.
Incompatibilidade
A presente dedución resulta incompatible coa aplicación da dedución autonómica “Por familia numerosa”.