Por gastos derivados da enfermidade celíaca diagnosticada
Normativa: Art. 14 nonadecies Texto Refundido das disposicións legais do Principado de Asturias en materia de tributos cedidos polo Estado, aprobado por Decreto Lexislativo 2/2014, do 22 de outubro
Contía da dedución
100 euros polos gastos asociados á enfermidade celíaca diagnosticada en que incorra cada persoa integrante do núcleo familiar do contribuínte diagnosticada coa citada enfermidade.
Considéranse persoas integrantes do núcleo familiar do contribuínte ao propio contribuínte, o seu cónxuxe nos casos de declaración conxunta e aquelas persoas que xeren dereito á aplicación dos mínimos familiares por ascendentes ou descendentes regulados na normativa estatal do IRPF .
O importe máximo da dedución será para cada contribuínte de 100 euros por persoa que dea dereito á dedución , sen prexuízo do rateo indicado na sección seguinte.
Requisitos e outras condicións para a aplicación da dedución
-
Que o contribuínte satisfaga de forma efectiva os gastos.
-
Que a suma das bases impoñibles xerais e do aforro , recadros [0435] e [0460] da declaración, non supere as seguintes cantidades:
-
A condición de enfermidade celíaca deberá acreditarse mediante informe médico oficial que recolla o diagnóstico definitivo conforme aos criterios recoñecidos pola comunidade científica. O devandito informe deberá ser emitido:
-
Por profesionais en exercicio no Servizo de Saúde do Principado de Asturias ou noutros servizos de saúde pública integrados no Sistema Nacional de Saúde (SNS), debidamente identificados mediante o seu Código Numérico Persoal (CNP) ou o homólogo que corresponda en cada comunidade autónoma.
-
No caso de pacientes con aseguramento sanitario privado, por profesionais adscritos á entidade aseguradora correspondente, debidamente identificados mediante o seu número de colexiado.
-
-
Cando dous ou máis contribuíntes teñan dereito á aplicación da dedución respecto dos mesmos ascendentes ou descendentes para un mesmo período impositivo, o importe máximo da dedución se prorraterará entre eles por partes iguais.