Saltar ao contido principal
Manual práctico de Renda 2025. Parte 2. Deducións autonómicas

Por investimento en instalacións de recursos enerxéticos renovables

Normativa: Art. 1.Cinco Texto Refundido das disposicións legais vixentes na Rexión de Murcia en materia de tributos cedidos, aprobado por Decreto Lexislativo 1/2010, do 5 de novembro

Contía da dedución

Polos investimentos realizas no período na instalación de sistemas destinados ao aproveitamento de enerxías renovables:

  • Na vivenda habitual.

    O concepto de vivenda habitual será o contemplado na normativa reguladora do IRPF.

  • En vivendas destinadas ao arrendamento.

    Sempre que o arrendamento non teña a consideración de actividade económica, de acordo coa normativa reguladora do IRPF.

O contribuínte poderá deducir da cota íntegra autonómica a contía resultante de aplicar á base da dedución as seguintes porcentaxes, en función do seu réxime de tributación e da súa base impoñible total:

  1. En caso de declaración individual

    (Base impoñible xeral + Base impoñible do aforro) Porcentaxe de dedución
    Ata 34.999,99 euros 50 por 100
    Entre 35.000 e 44.999,99 euros 37,50 por 100
    Entre 45.000 e 59.999,99 euros 25 por 100
    A partir de 60.000 euros Sen dereito
  2. En caso de declaración conxunta

    (Base impoñible xeral + Base impoñible do aforro) Porcentaxe de dedución
    Ata 49.999,99 euros 50 por 100
    Entre 50.000 e 74.999,99 euros 37,50 por 100
    Entre 75.000 e 94.999,99 euros 25 por 100
    A partir de 95.000 euros Sen dereito

Base e límite máximo da dedución

  • A base de dedución estará constituída polas cantidades satisfeitas polo contribuínte durante o exercicio pola totalidade do custo da instalación , con exclusión das axudas e subvencións percibidas para esta finalidade.

  • En ningún caso o importe da dedución poderá superar os 7.000 euros.

Requisitos e outras condicións para a aplicación da dedución

  • A dedución soa será aplicable aos investimentos realizados en vivendas radicadas na Rexión de Murcia.

  • Só darán dereito á dedución os investimentos na adquisición e instalación na vivenda de sistemas que empreguen enerxías renovables destinadas exclusivamente ao autoconsumo para as que se presentase a declaración responsable ante o órgano competente, cando esta veña esixida pola normativa aplicable.

    No caso do sistema de aproveitamento de enerxía fotovoltaica, a dedución non será aplicable á modalidade con excedentes non acollida a compensación.

    Enténdese por enerxías renovables aquelas ás que se refire o artigo 2.a) da Directiva (UE ) 2018/2001 do Parlamento Europeo e do Consello, do  11 de decembro de  2018, relativa ao fomento do uso de enerxía procedente de fontes renovables.

  • O gasto de instalación enerxética deberase xustificar a través de factura emitida por instalador habilitado, que debe cumprir todas as condicións establecidas no Regulamento polo que se regulan as obrigas de facturación aprobado polo Real decreto  1619/2012, do  30 de novembro.

  • As cantidades satisfeitas aos instaladores que realicen a instalación deberán realizarse mediante tarxeta de crédito ou débito, transferencia bancaria, cheque nominativo ou ingreso en contas en entidades de crédito.

    En ningún caso darán dereito a practicar esta dedución as cantidades satisfeitas mediante entregas de diñeiro de curso legal.

  • No caso de que o investimento se realice a través dunha Comunidade de Propietarios, para ter acceso á dedución por parte dos comuneiros cumprirá acreditar o devandito investimento por medio de certificado emitido polo representante legal da Comunidade , en que se indique o coeficiente de participación e as achegas económicas que corresponda a cada comuneiro.

    A dedución poderá aplicara cada un dos propietarios individualmente na porcentaxe que lle corresponda na comunidade de propietarios

  • Cando exista máis dun contribuínte con dereito a practicar a dedución por unha mesma vivenda, o importe e o límite máximo da citada dedución ratearanse na declaración de cada un deles en proporción á cantidade investida.

Orde de aplicación e saldos pendentes de aplicación da dedución

  • No caso de concorrencia con outras deducións autonómicas, a presente dedución (incluídos os importes pendentes de compensación de exercicios anteriores) aplicarase en último lugar

    En caso de existencia conxunta de importes deducibles xerados no exercicio e importes xerados en exercicios anteriores pendentes de aplicación da dedución que nos ocupa, aplicaranse en primeiro lugar as cantidades pendentes de exercicios anteriores, dando así prioridade aos dereitos adquiridos con anterioridade. 

  • Se o importe da dedución non puidese aplicarse na súa totalidade no período impositivo da realización do investimento, por insuficiencia da cota íntegra autonómica, a cantidade restante poderá ser aplicada, como máximo, e n os dous períodos impositivos posteriores.

Importante : unha vez introducida polos contribuíntes con dereito á dedución a información necesaria para o seu cálculo, será automaticamente trasladada ao apartado “Información adicional á dedución autonómica das Illes Balears por determinados investimentos de mellora da sostibilidade da vivenda habitual, das Canarias por obras de rehabilitación enerxética da vivenda habitual, de Castilla y León por actuacións na vivenda habitual das persoas con discapacidade e para instalacións ambientais na vivenda habitual, da Rexión de Murcia por investimento en instalacións de recursos enerxéticos renovables e da Comunitat Valenciana por cantidades investidas a partir de 2023 en instalacións de autoconsumo ou de xeración de enerxía eléctrica ou térmica a través de fontes renovables”, do Anexo B.12 da declaración.