Saltar ao contido principal
Manual práctico de Renda 2025. Parte 2. Deducións autonómicas

Para mulleres traballadoras

Normativa: Art. 1.Catorce Texto Refundido das disposicións legais vixentes na Rexión de Murcia en materia de tributos cedidos, aprobado por Decreto Lexislativo 1/2010, do 5 de novembro

Contía da dedución

  • 300 euros cando se trate do primeiro fillo.

  • 350 euros cando se trate do segundo fillo.

  • 400 euros cando se trate do terceiro fillo ou sucesivos.

  • 400 euros por persoa dependente ao seu cargo.

Precisión: o número de orde dos fillos e/ou descendentes virá determinado pola súa data de nacemento, computándoseos con independencia de que xeren dereito á dedución ou non.

Requisitos e outras condicións para a aplicación da dedución

Esta dedución corresponderá exclusivamente a mulleres e serán requisitos para a súa aplicación:

  • Que a muller beneficiaria da dedución realice unha actividade por conta propia ou allea, pola cal estea dada de alta no réxime correspondente da Seguridade Social ou mutualidade.

  • Poderán xerar dereito á dedución:

    • - Os fillos menores de 18 anos.

    • - As persoas dependentes a cargo.

      Considérase persoa dependente, para os efectos desta dedución, ao ascendente maior de 75 anos e ao ascendente ou descendente cun grao de minusvalidez igual ou superior ao 65 por 100, calquera que sexa a súa idade. Para a aplicación da dedución será requisito que a devandita persoa conviva co contribuínte durante máis de cento oitenta e tres días ao ano.

    Importante: un mesmo fillo ou unha mesma persoa dependente a cargo non poderá dar dereito por esta dedución á aplicación de máis dunha contía das sinaladas no apartado “Contía da dedución”, como fillo e como persoa dependente a cargo.

  • Que a suma da base impoñible xeral e da base impoñible do aforro, casas [0435] y [0460] da declaración, non sexa superior a:

    • - 20.000 euros en tributación individual.

    • - 40.000 euros en tributación conxunta.

  • O importe da dedución por cada fillo menor de 18 anos ou persoa dependente ao seu cargo calcularase de forma proporcional ao número de días traballados durante o período impositivo.