Por cantidades investidas en adquisición ou construción de vivenda habitual para mozos
Normativa: Disposición transitoria primera.b) Lei 10/2017, do 27 de outubro, pola que se consolidan as disposicións legais da Comunidade Autónoma de La Rioja en materia de impostos propios e tributos cedidos
Contía da dedución
O 3 por 100 das cantidades satisfeitas no exercicio cando se dean as seguintes circunstancias:
Que se destinen á adquisición dunha vivenda
Que a vivenda, radicando na Comunidade Autónoma de La Rioja, constitúa ou vaia a constituír a residencia habitual do contribuínte
Que se trate de contribuíntes que teñan a consideración de "mozos", entendéndose como tales os contribuíntes que non cumprisen os 36 anos de idade á finalización do período impositivo (normalmente, o 31 de decembro).
O 5 por 100 das cantidades satisfeitas no exercicio no exercicio, cando dándose as circunstancias anteriores, a base liquidable xeral do contribuínte sometida a tributación segundo o artigo 50 da Lei do IRPF non exceda das seguintes cantidades:
Sempre que, ademais, a base liquidable do aforro sometida a tributación segundo o artigo 50 da Lei do IRPF non supere 1.800 euros.
O importe da base liquidable xeral sometida a tributación segundo o artigo 50 da Lei do IRPF é o reflectido na casa [0500] da declaración.
Pola súa banda, o importe da base liquidable do aforro sometida a tributación segundo o artigo 50 da Lei do IRPF é o que aparece reflectido na casa [0510] da declaración.
Requisitos e outras condicións para a aplicación da dedución
Deben cumprirse lvos mesmos criterios que esixe a disposición transitoria décimo oitava da Lei do IRPF para ter dereito á aplicación do réxime transitorio da dedución estatal por investimento en adquisición ou construción de vivenda habitual.
En concreto, terán dereito á presente dedución os seguintes contribuíntes:
Os que tivesen adquirido a súa vivenda habitual antes do 1 de xaneiro de 2013.
Os que tivesen satisfeito cantidades con anterioridade á devandita data para a construción desta.
Neste último suposto, salvo as ampliacións excepcionais contempladas na normativa do IRPF en vigor a 31 de decembro de 2012, as obras deberán finalizar antes do prazo de catro anos dende o inicio do investimento, conforme ao réxime de dedución aplicable en caso de construción de vivenda habitual.
Os contribuíntes que tivesen satisfeito cantidades con anterioridade a 1 de xaneiro de 2013 por obras de ampliación da vivenda habitual, sempre que as citadas obras estean rematadas antes de 1 de xaneiro de 2017.
En todo caso, resultará necesario que o contribuínte tivese practicado a dedución por investimento en vivenda habitual nun período impositivo percibido antes do 1 de xaneiro de 2013, salvo que non a puidesen practicar aínda porque o importe investido nesta non superase as cantidades investidas en vivendas anteriores, na medida que tivesen sido obxecto de dedución e, no seu caso, o importe das ganancias patrimoniais exentas por reinvestimento. Deben cumprirse os mesmos criterios que esixe a disposición transitoria décimo oitava da Lei do IRPF para ter dereito á aplicación do réxime transitorio da dedución estatal por investimento en adquisición ou construción de vivenda habitual.
Ademais, deberán cumprirse todos os requisitos establecidos, con carácter xeral, na normativa estatal reguladora do IRPF, na súa redacción en vigor a 31 de decembro de 2012, sobre os conceptos de vivenda habitual, adquisición desta e elementos que integran a base da dedución aplicable, así como sobre comprobación da situación patrimonial do contribuínte ao finalizar o período da imposición.
A base máxima anual das deducións autonómicas para adquisición de vivenda e de segunda vivenda no medio rural virá constituída polo importe resultante de minorar a cantidade de 9.040 euros naquelas cantidades que constitúan para o contribuínte base da dedución por investimento en vivenda habitual contemplada na normativa estatal, sempre que o contribuínte teña dereito á aplicación do réxime transitorio da dedución por investimento en vivenda habitual prevista na disposición transitoria décimo oitava da Lei do IRPF, excluídas, se é o caso, as cantidades destinadas a obras de adecuación da vivenda habitual por razón de minusvalidez.
En caso de tributación conxunta, só poderán beneficiarse desta dedución os contribuíntes integrados na unidade familiar que teña a consideración de "mozo" nos termos anteriormente comentados, polas cantidades efectivamente investidas por eles.
Importante: aqueles mozos que tivesen adquirido ou rehabilitado a súa vivenda antes do día 1 de xaneiro de 2013 deberán seguir aplicando a presente dedución en vez da dedución "Por investimento en vivenda habitual de mozos menores de 36 anos", que é incompatible con esta.