Saltar ao contido principal
Manual práctico de Renda 2025. Parte 2. Deducións autonómicas

De cotas satisfeitas a organizacións profesionais agrarias

Normativa: Art. 32.19 Lei 10/2017, do 27 de outubro, pola que se consolidan as disposicións legais da Comunidade Autónoma de La Rioja en materia de impostos propios e tributos cedidos

Contía e límite máximo da dedución

  • O 100 por 100 das cantidades abonadas a unha organización profesional agraria en concepto de cotas, xa sexan de inscrición, periódicas ou extraordinarias.

    Ten que tratarse de organizacións constituídas ao abeiro da Lei 19/1977, do 1 de abril, sobre regulación do dereito de asociación sindical.

  • Establécese un límite máximo de 100 euros anuais por cada contribuínte que cumpra os requisitos establecidos para o seu gozo.

Requisito para a aplicación da dedución

A dedución quedará condicionada á súa xustificación documental mediante certificación, emitida pola organización profesional agraria, das cotas satisfeitas anualmente.