Para paliar a suba dos intereses dos préstamos hipotecarios destinados á adquisición de vivenda habitual
Normativa: Disposición adicional segunda Lei 10/2017, do 27 de outubro, pola que se consolidan as disposicións legais da Comunidade Autónoma de La Rioja en materia de impostos propios e tributos cedidos
Contía da deducciónn
O 15 por 100 das cantidades dedicadas no exercicio ao pago dos intereses de préstamos ou créditos hipotecarios destinados ao financiamento da adquisición da vivenda habitual do contribuínte.
Equiparanse á adquisición a rehabilitación e a adecuación por razón de minusvalidez, definidas na normativa do IRPF na súa redacción vixente a 31 de decembro de 2012.
Base da dedución
A base desta dedución estará constituída polos intereses satisfeitos polo contribuínte unha vez minorados nas cantidades obtidas pola aplicación de instrumentos de cobertura do risco de tipo de xuro variable dos préstamos hipotecarios.
A base máxima anual será de 5.000 euros por vivenda habitual.
Requisitos e outras condicións para a aplicación da dedución
Que a vivenda estea situada no territorio da Comunidade Autónoma de La Rioja.
Que constitúa ou vaia constituír a vivenda habitual do contribuínte.
Entenderase por vivenda habitual aquela na que o contribuínte resida de xeito efectivo durante o maior número de días no exercicio.
Que a vivenda fose adquirida con posterioridade ao 1 de xaneiro 2013.
Incompatibilidade
Esta dedución resulta incompatible coa aplicación das deducións autonómicas "Por adquisición, construción ou rehabilitación de vivenda habitual en pequenos municipios" e "Por investimento en vivenda habitual de mozos menores de 36 anos" e coa dedución estatal por investimento en vivenda habitual.
Ámbito temporal para a aplicación da dedución.
A dedución resulta aplicable nos exercicios 2023, 2024 y 2025.