Saltar ao contido principal
Manual práctico de Renda 2025. Parte 2. Deducións autonómicas

Por contribuíntes con discapacidade, en grao igual ou superior ao 33 por 100, de idade igual ou superior a 65 anos

Normativa: Art. 4.Un.g), Catro e Cinco e disposición adicional sexta  Lei 13/1997, do 23 de decembro, pola que se regula o tramo autonómico do   Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas e restantes tributos cedidos, da Comunitat Valenciana

Importante: non procederá esta dedución se, como consecuencia da situación de discapacidade a que se fai referencia a continuación, o contribuínte percibe algún tipo de prestación que se ache exenta do IRPF.

Contía da dedución

197 euros por cada contribuínte con discapacidade de idade igual ou superior a 65 anos.

Requisitos e outras condicións para a aplicación da dedución

A aplicación da dedución está condicionada ao cumprimento simultáneo dos dous requisitos seguintes:

  • Que o contribuínte teña, polo menos, 65 anos de idade á data da devindicación do imposto (normalmente, o 31 de decembro).

  • Que teña un grao de discapacidade igual ou superior ao 33 por 100.

    O grao de discapacidade deberá acreditarse mediante o correspondente certificado expedido polos órganos competentes da Generalitat ou polos órganos correspondentes do Estado ou doutras comunidades autónomas.

    As disposicións específicas previstas a favor das persoas cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65 por cento ou con discapacidade intelectual ou mental recoñecida de maneira permanente e un grao igual ou superior ao 33 por cento resultarán de aplicación ás persoas suxeitas a unha curadoría con facultades de representación plena establecida por resolución xudicial e ás persoas con discapacidade cuxa incapacidade se declarase xudicialmente, aínda que non acade o devandito grao.

    A concorrencia dunha discapacidade intelectual ou mental de carácter permanente nos supostos de grao recoñecido igual ou superior ao 33 por cento deberá así mesmo ser acreditada mediante o correspondente certificado expedido polos órganos competentes da Generalitat ou polos órganos correspondentes do Estado ou doutras comunidades autónomas.

    As disposicións específicas previstas a favor das persoas cun grao de discapacidade igual ou superior ao 33 por cento, serán de aplicación aos pensionistas da Seguridade Social que teñan recoñecida unha pensión de incapacidade permanente total, absoluta ou gran invalidez, e no caso dos pensionistas de clases pasivas que teñan recoñecida unha pensión de xubilación ou de retiro por incapacidade permanente para o servizo ou inutilidade.

  • Que a suma da base liquidable xeral e da base liquidable do aforro , recadros [0500] e [0510] da declaración, non sexa superior a:

    • - 30.000 euros en declaración individual.

    • - 47.000 euros en declaración conxunta.

Límites da dedución segundo base liquidable

  • O importe íntegro da dedución (197  euros) só será aplicable aos contribuíntes cuxa suma da base liquidable xeral e da base liquidable do aforro (recadros [0500] e [0510] da declaración) sexa inferior a 27.000 euros, en tributación individual, ou inferior a 44.000 euros, en tributación conxunta.

  • Cando a suma da base liquidable xeral e da base liquidable do aforro do contribuínte estea comprendida entre 27.000 e 30.000 euros, en tributación individual, ou entre 44.000 e 47.000 euros, en tributación conxunta, os importes da dedución serán os seguintes:

    1. En tributación individual, o resultado de multiplicar o importe da dedución (197  euros) por unha porcentaxe obtida da aplicación da seguinte fórmula:

      100 × (1 – o coeficiente resultante de dividir por 3.000 a diferenza entre a suma da base liquidable xeral e do aforro do contribuínte e 27.000)

    2. En tributación conxunta, o resultado de multiplicar o importe da dedución (197  euros) por unha porcentaxe obtida da aplicación da seguinte fórmula:

      100 × (1 – o coeficiente resultante de dividir por 3.000 a diferenza entre a suma da base liquidable xeral e do aforro do contribuínte e 44.000)