Normas autonómicas en relación ao IRPF (disposicións legais)
Na normativa autonómica optouse polo enlace ao texto consolidado do BOE, en canto documento que integra no texto orixinal da norma as modificacións e correccións que tivo dende a súa orixe. Non obstante, cando non exista texto consolidado indicarase, especificamente, na normativa afectada, esa condición.
A Axencia Estatal Boletín Oficial do Estado ofrece ademais do último texto consolidado e actualizado das principais normas do ordenamento xurídico, as versións intermedias que corresponden a cada unha das modificacións que sufriu ao longo do tempo.
Cada vez que unha norma consolidada é obxecto dunha modificación posterior, aparece no texto consolidado do BOE un aviso debaixo do listado de versións, indicando que a última actualización está en proceso. O tempo que media entre a publicación no BOE da modificación e a elaboración dunha nova versión consolidada que a incorpore, habitualmente é de entre 1 e 3 días laborables, segundo informa a portal web do BOE.
Advertencia: para determinar a normativa aplicable en 2025 teña en conta, no texto consolidado, as entradas en vigor e as datas dende as que fan efecto as modificacións introducidas nos distintos artigos e disposicións.
- Comunidade Autónoma de Andalucía
- Comunidade Autónoma de Aragón
- Comunidade Autónoma de Principado de Asturias
- Comunidade Autónoma de Illes Balears
- Comunidade Autónoma de Canarias
- Comunidade Autónoma de Cantabria
- Comunidade Autónoma de Castela La Mancha
- Comunidade de Castela e León
- Comunidade Autónoma de Cataluña
- Comunidade Autónoma de Extremadura
- Comunidade Autónoma de Galicia
- Comunidade de Madrid
- Comunidade Autónoma da Rexión de Murcia
- Comunidade Autónoma de La Rioja
- Comunitat Valenciana