Requisitos redución actividades artísticas
A partir do 1 de xaneiro de 2025, ten dereito a esta redución o contribuínte que cumpra todos e cada un dos seguintes requisitos:
-
Que realice algunha das seguintes actividades:
-
Actividades incluídas nos grupos 851, 852, 853, 861, 862, 864 e 869 da sección segunda e nas agrupacións 01, 02, 03 e 05 da sección terceira das Tarifas do Imposto sobre Actividades Económicas, aprobadas canda a Instrución para a súa aplicación polo Real decreto Lexislativo 1175/1990, do 28 de setembro, ou
-
A prestación de servizos profesionais que, pola súa natureza, se se realizase por conta allea, quedaría incluída no ámbito de aplicación da relación laboral especial das persoas artistas que desenvolven a súa actividade nas artes escénicas, audiovisuais e musicais, así como das persoas que realizan actividades técnicas ou auxiliares necesarias para o desenvolvemento da devandita actividade.
-
Que non proceda aplicar a redución por rendementos obtidos de forma notoriamente irregular do art. 32.1 da Lei do IRPF.
-
Que os rendementos do período impositivo excedan do 130 por 100 da contía media dos rendementos netos imputados desta natureza nos tres períodos impositivos anteriores.
Para os efectos do cálculo da contía media dos rendementos obtidos nos tres períodos impositivos anteriores, teñen que terse en conta todas as actividades económicas desenvolvidas polo contribuínte, tanto as desenvolvidas individualmente como as que realice a través de entidades en réxime de atribución de rendas.
Os requisitos para a aplicación desta redución son esixidos e veñen referidos ao contribuínte polo que se este reúne os devanditos requisitos poderá aplicar a citada redución, con independencia de que os rendementos de actividades económicas deriven da súa participación nunha entidade en réxime de atribución de rendas.
Para os efectos do cálculo dos rendementos netos de actividades económicas aos que lles sexa de aplicación esta redución, así como os dos tres períodos impositivos anteriores, teran en contase as seguintes regras:
-
Os gastos deducibles que sexan comúns a outros rendementos de actividades económicas ratearanse os mesmos de forma proporcional en función da contía dos distintos rendementos íntegros de actividades económicas computadas nos devanditos exercicios.
-
No caso de que, nalgún dos tres exercicios anteriores o rendemento neto fóra negativo computarase como 0 para os efectos do cálculo da devandita media.
-