Saltar ao contido principal
Manual práctico de Renda 2025. Parte 1.

Declaración das rendas atribuídas

As rendas atribuídas deben declararse na rúbrica que corresponda do apartado "E" da declaración, identificando previamente o contribuínte que ten a condición de socio, comuneiro ou partícipe da entidade, o NIF da mesma ou, se carece deste , o Número de Identificación que teñan asignado a entidade no país de residencia e a súa porcentaxe de participación.

Tratandose de atribución de rendementos do capital inmobiliario, tamén deberá cubrirse o epígrafe "Relación de bens inmobles arrendados ou cedidos a terceiros por entidades en réxime de atribución de rendas", en que se incluirán os datos de identificación do inmoble e do socio comuneiro ou partícipe solicitado no mesmo.

Suposto especial: existencia de imputación de rendas inmobiliarias

No suposto de que existan imputacións de rendas inmobiliarias polo feito de que o inmoble estivese a disposición da entidade en réxime de atribución de rendas durante a totalidade ou parte do ano, ben por estar arrendado o inmoble só durante parte do ano, ben por haberse procedido á súa transmisión ao longo do ano, a imputación de rendas inmobiliarias deberá declararse no apartado "C" da declaración.