Saltar ao contido principal
Manual práctico de Renda 2025. Parte 1.

Comunidade Autónoma do Principado de Asturias: Importes do mínimo persoal e familiar

Normativa: Arts. 2 bis, 2 ter, 2 quater e 2 quinquies Decreto Lexislativo 2/2014, do 22 de outubro, polo que se regula o texto refundido das disposicións legais do Principado de Asturias en materia de Tributos Cedidos polo Estado

Establécense os seguintes importes dos mínimos do contribuínte, por descendentes, por ascendentes e por discapacidade, que deben aplicar os contribuíntes residentes no territorio da Comunidade Autónoma do Principado de Asturias para o cálculo do gravame autonómico:

Mínimo do contribuínte

  • 6.105 euros anuais con carácter xeral.

  • Máis 1.265 euros anuais por contribuínte maior de 65 anos.

  • Adicionalmente, 1.540 euros anuais por contribuínte maior de 75 anos.

Mínimo por descendentes

  • 2.640 euros anuais polo primeiro descendente.

  • 2.970 euros anuais polo segundo.

  • 4.400 euros anuais polo terceiro.

  • 4.950 euros anuais polo cuarto e seguintes.

Cando un descendente sexa menor de tres anos, a contía que corresponda ao mínimo por descendentes, das indicadas anteriormente, aumentarase en 3.080 euros anuais.

Mínimo por ascendentes

  • 1.265 euros anuais.

  • Máis 1.540 euros anuais por cada ascendente maior de 75 anos.

Mínimo por discapacidade do contribuínte e de ascendentes ou descendentes

  • 3.300 euros anuais  por cada contribuínte, ascendente ou descendente, cando sexa unha persoa cun grao de discapacidade igual ou superior ao 33 por 100 e inferior ao 65 por 100.

  • 9.900 euros anuais  por cada contribuínte, ascendente ou descendente, cando sexa unha persoa cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65 por 100.

  • Máis 3.300 euros anuais en concepto de gastos de asistencia por cada contribuínte, ascendente ou descendente que acredite necesitar axuda de terceiras persoas ou mobilidade reducida, ou cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65 por 100.