Comunidade Autónoma de Aragón
Polo coidado de persoas dependentes
Normativa: Art. 110-5, 160-1 e 160-2.4 Texto Refundido das disposicións ditadas pola Comunidade Autónoma de Aragón en materia de tributos cedidos, aprobado por Decreto Lexislativo 1/2005, do 26 de setembro
A. En xeral
Contía da dedución
150 euros polo coidado de persoas dependentes que convivan co contribuínte polo menos durante a metade do período impositivo.
Considérase persoa dependente, para os efectos desta dedución, ao ascendente maior de 75 anos ou, calquera que sexa a súa idade, se se trata dunha persoa cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65 %.
Requisitos e outras condicións para a aplicación da dedución
-
Que a persoa dependente non obteña rendas anuais superiores a 8.000 euros, excluídas as exentas.
-
Que a suma das bases impoñibles xerais e do aforro , recadros [0435] e [0460] da declaración, menos o mínimo do contribuínte e o mínimo por descendentes, suma dos recadros [0511] e [0513] da declaración, non sexa superior a:
-
21.000 euros en declaración individual.
-
35.000 euros en declaración conxunta.
-
-
Cando dous ou máis contribuíntes teñan dereito á aplicación desta dedución, o seu importe ratearase por partes iguais.
Cando a dedución corresponda a contribuíntes con distinto grao de parentesco, a súa aplicación corresponderá aos de grao máis próximo, non sendo que estes non teñan rendas anuais, excluídas as exentas, superiores a 8.000 euros, en cuxo caso corresponderán aos do seguinte grao.
B. En aplicación do réxime de fiscalidade diferenciada (incompatible co réxime xeral)
Contía da dedución
300 euros cando resulte aplicable o réxime de fiscalidade diferenciada.
Requisitos e outras condicións para a aplicación da dedución
Os contribuíntes deberán cumprir os mesmos requisitos que no réxime xeral e, ademais, os seguintes:
-
Os contribuíntes deben residir en asentamentos rurais con alto risco ou con risco extremo de despoboamento (Rangos VIII, IX e X), sempre que, ademais, teñan un Índice Sintético de Desenvolvemento Territorial inferior a 100.
-
Os contribuíntes deben ter a súa residencia habitual durante o ano 2023 e os catro seguintes nalgún dos asentamentos rurais antes indicados. No suposto dun matrimonio que opte pola tributación conxunta, este requisito entenderase cumprido cando esta circunstancia concorra en calquera do cónxuxes.
Para contribuíntes maiores de 70 anos
Normativa: Art. 110-14 Texto Refundido das disposicións ditadas pola Comunidade Autónoma de Aragón en materia de tributos cedidos, aprobado por Decreto Lexislativo 1/2005, do 26 de setembro
Contía e requisitos para a aplicación da dedución
75 euros por cada contribuínte que cumpra os seguintes requisitos:
-
Que o contribuínte teña 70 ou máis anos de idade e obteña rendementos integrables na base impoñible xeral, sempre que non procedan exclusivamente do capital.
-
Que a cantidade resultante da suma da base impoñible xeral e a base impoñible do aforro, recadros [0435] e [0460] da declaración, non sexa superior ás seguintes cantidades:
-
23.000 euros en declaración individual.
-
35.000 euros en declaración conxunta.
-