Comunidade Autónoma de Cataluña
Por alugamento da vivenda habitual
Normativa: Art. 1º.1 Lei 31/2002, do 30 de decembro, de Medidas fiscais e administrativas, da Comunidade Autónoma de Cataluña
Contías e límites máximos da dedución
-
O 10% das cantidades satisfeitas no período impositivo en concepto de alugamento da vivenda habitual.
A dedución practicarase polo titular ou titulares do contrato de arrendamento. -
O límite máximo será de 300 euros anuais.
Requisitos para a aplicación da dedución
-
Que o contribuínte sexa viúvo ou viúva e teña 65 anos ou máis.
-
Que a suma das bases impoñibles xerais e do aforro do contribuínte menos o mínimo persoal e familiar, suma dos recadros [0435] e [0460] menos o importe do recadro [0520] da declaración, non supere as seguintes contías:
-
20.000 euros en tributación individual.
-
30.000 euros en tributación conxunta.
-
-
Que as cantidades satisfeitas en concepto de alugamento excedan do 10 %dos rendementos netos do contribuínte.
Outras condicións para a aplicación da dedución
Unha mesma vivenda non pode dar lugar á aplicación dunha dedución superior a 600 euros. De acordo con iso, se por unha mesma vivenda ten dereito á dedución máis dun contribuínte, cada un deles poderá aplicar na súa declaración o importe que se obteña de dividir a cantidade resultante da aplicación do 10% do gasto total ou o límite máximo de 600 euros, se procede, polo número de declarantes con dereito á dedución.