Comunidade Autónoma de Galicia
Normativa: Art. 4 bis Texto Refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de tributos cedidos polo Estado, aprobado por Decreto Lexislativo 1/2011, do 28 de xullo
Os residentes da Comunidade Autónoma de Galicia aplicarán os seguintes importes en concepto de mínimos do contribuínte, por ascendentes e por discapacidade autonómica:
Mínimo do contribuínte
-
5.789 euros anuais con carácter xeral.
-
Máis 1.199 euros anuais por contribuínte maior de 65 anos.
-
Adicionalmente 1.460 euros anuais por contribuínte maior de 75 anos.
Mínimo por ascendentes
-
1.199 euros anuais por cada ascendente maior de 65 anos ou con discapacidade calquera que sexa a súa idade.
-
Máis 1.460 euros anuais por cada ascendente maior de 75 anos.
Mínimo por discapacidade do contribuínte e de ascendentes
-
3.129 euros anuais por cada contribuínte ou ascendente, cando sexa unha persoa cun grao de discapacidade igual ou superior ao 33 %e inferior ao 65 %.
-
9.387 euros anuais por cada contribuínte ou ascendente, cando sexa unha persoa cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65 %.
-
Máis 3.129 euros anuais por cada contribuínte ou ascendente que acredite necesitar axuda de terceiras persoas ou mobilidade reducida, ou un grao de discapacidade igual ou superior ao 65 %.
Grado de discapacidade |
Discapacidade do contribuínte e / ou ascendente |
Gastos de asistencia |
Contía total |
---|---|---|---|
Igual ou superior ao 33 %e inferior ao 65 % |
3.129 € |
3.129 € |
|
Igual ou superior ao 33 %e inferior ao 65 %e que acredite necesitar axuda de terceiras persoas ou mobilidade reducida |
3.129 € |
3.129 € |
6.258 € |
Igual ou superior ao 65 % |
9.387 € |
3.129 € |
12.516 € |