Comunidade de Madrid
Normativa: Arts. 2, 2 bis, 2 ter e 2 quater do Texto Refundido das disposicións legais da Comunidade de Madrid en materia de tributos cedidos polo Estado, aprobado por Decreto Lexislativo 1/2010, de 21 outubro
Os residentes da Comunidade de Madrid aplicarán os seguintes importes en concepto de mínimos do contribuínte, por ascendentes e por discapacidade autonómica:
Mínimo do contribuínte
-
5.956,65 euros anuais con carácter xeral.
-
Máis 1.234,26 euros anuais por contribuínte maior de 65 anos.
-
Adicionalmente 1.502,58 euros anuais por contribuínte maior de 75 anos.
Mínimo por ascendentes
-
1.234,26 euros anuais por cada ascendente maior de 65 anos ou con discapacidade calquera que sexa a súa idade.
-
Máis 1.502,58 euros anuais por cada ascendente maior de 75 anos.
Mínimo por discapacidade do contribuínte e de ascendentes
-
3.219,81 euros anuais por cada contribuínte ou ascendente, cando sexa unha persoa cun grao de discapacidade igual ou superior ao 33 %e inferior ao 65 %.
-
9.659,44 euros anuais por cada contribuínte ou ascendente, cando sexa unha persoa cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65 %.
-
Máis 3.219,81 euros anuais por cada contribuínte ou ascendente que acredite necesitar axuda de terceiras persoas ou mobilidade reducida, ou un grao de discapacidade igual ou superior ao 65 %.
Grado de discapacidade |
Discapacidade do contribuínte e / ou ascendente |
Gastos de asistencia |
Contía total |
---|---|---|---|
Igual ou superior ao 33 %e inferior ao 65 % |
3.219,81 € |
3.219,81 € |
|
Igual ou superior ao 33 %e inferior ao 65 %e que acredite necesitar axuda de terceiras persoas ou mobilidade reducida |
3.219,81 € |
3.219,81 € |
6.439,62 € |
Igual ou superior ao 65 % |
9.659,44 € |
3.219,81 € |
12.879,25 € |