Rendementos do traballo
Normativa: Art. 17 Lei IRPF
Tributarán como rendementos do traballo , entre outras, as seguintes prestacións:
-
As pensións percibidas dos réximes públicos da Seguridade Social e clases pasivas e demais prestacións públicas por situacións de incapacidade, xubilación, accidente, enfermidade, viuvez, ou similares, que non estean exentas.
-
As prestacións percibidas polos beneficiarios de mutualidades xerais obrigatorias de funcionarios, colexios de orfos e outras entidades similares.
-
As prestacións percibidas polos beneficiarios de plans de pensións.
-
As prestacións percibidas polos beneficiarios de contratos de seguros concertados con mutualidades de previsión social.
-
As prestacións percibidas polos beneficiarios dos plans de previsión social empresarial.
-
As prestacións percibidas polos beneficiarios dos plans de previsión asegurada.
-
As prestacións percibidas polos beneficiarios dos seguros de dependencia conforme ao que se dispón na Lei de promoción da autonomía persoal e atención ás persoas en situación de dependencia.