Prestacións e axudas públicas
Normativa: Art. 7 Lei IRPF
Están exentas entre outras:
-
As prestacións económicas percibidas de institucións públicas por acollemento de persoas con discapacidade ou maiores de 65 anos.
-
As axudas económicas outorgadas por institucións públicas a persoas con discapacidade cun grao igual ou superior ao 65 %ou maiores de 65 anos para financiar a súa estancia en residencias ou centros de día, se o resto das súas rendas non exceden do dobre do indicador público de renda de efectos múltiples (IPREM para 2023: 8.400 € - LÍMITE: 8.400 € x 2 = 16.800 €).
-
As prestacións recoñecidas ao contribuínte pola Seguridade Social, polas entidades que a substitúan ou polas mutualidades de previsión social que actuen como alternativas ao réxime especial da Seguridade Social como consecuencia de incapacidade permanente absoluta ou gran invalidez.
-
As pensións por inutilidade ou incapacidade permanente do réxime de clases pasivas, sempre que a lesión ou enfermidade que fose causa daquelas inhabilitase por completo ao perceptor da pensión para toda profesión ou oficio.
-
As prestacións obtidas en forma de renda polas persoas con discapacidade correspondente ás achegas a sistemas de previsión social constituídos a favor de persoas con discapacidade, ata un importe máximo anual de tres veces o indicador público de renda de efectos múltiples (25.200 €). O exceso tributará como rendemento do traballo.
-
As prestacións económicas públicas vinculadas ao servizo , para coidados no medio familiar e de asistencia personalizada que se derivan da Lei de promoción da autonomía persoal e atención ás persoas en situación de dependencia.